AD

Actualidad

Centro Deportivo e ACEM, protagonistas de abril na campaña 12 Comercios, 12 Sensibilidades

today9 abril, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

Este luns, Radio Líder Santiago deu de novo protagonismo á iniciativa pioneira da campaña «12 Comercios 12 Sensibilidades». Un proxecto que xurde dunha ducia de empresarias da capital galega que pretenden poñer en valor o traballo doutras tantas asociacións ou entidades sociais.

Este mes de abril ten como protagonista ao Centro Deportivo Santiago de Compostela Atmósfera Sport, na Rúa San Pedro de Mezonzo, 28, que se comprometeu a visibilizar o traballo da Asociación Galega de Esclerose Múltiple (ACEM), lanzando luz sobre o importante papel que xoga o apoio comunitario nas vidas dos afectados por enfermidades como esclerose múltiple, o párkinson ou a ELA.

Marcos Moure, director de ACEM nos estudios de Radio Líder Santiago

A xerente do centro, Rosa Guillán (coñecida como Tachi), xunto con Marcos Moure, director de ACEM, sentáronse con Álvaro Veiga na radio local de Santiago para dar a coñecer non só os servizos sociosanitarios que ofrecen, senón tamén o calor humano e a proximidade que pretenden achegar aos seus usuarios. Guillán destacou a importancia de recoñecer que, detrás das enfermidades, hai persoas con historias, loitas e esperanzas. «Todos coñecemos alguén, un amigo, un familiar, alguén do noso entorno que está a loitar contra estas doenzas. Queremos que saiban que en ACEM teñen un lugar onde atopar non soporte, senón tamén acompañamento e comprensión», afirmou.

A campaña está a recibir un recoñecemento unánime por parte de entidades como a Concellería de Comercio do Pazo de Raxoi, resaltando o papel vital que xogan iniciativas deste tipo para fomentar unha maior empatía e comprensión na comunidade. «12 Comercios 12 Sensibilidades» pretende ser unha ponte entre o colectivo comercial e asociacións como ACEM, demostrando que a solidariedade e o compromiso social poden xerar un grande impacto.

‘Tachi’, xerente de Centro Deportivo durante a entrevista

Os 12 comercios involucrados da cidade nesta campaña lembran o poder da a colaboración, a todos os niveis. «Estamos enormemente agradecidos por toda a visibilidade e sensibilidade que esta iniciativa está a espertar», comentou emocionado Marcos Moure, reflectindo o sentir dunha comunidade máis unida que nunca diante das adversidades.

A iniciativa «12 Comercios 12 Sensibilidades» é un claro exemplo de como a unión, o compromiso e unha causa común poden ser motores de cambio, empoderamento e esperanza para aqueles que enfrontan os desafíos máis difíciles.

Nos vindeiros días anunciarase a data para a celebración dunha charla para amosar polo miudo a labor de ACEM onde participarán personas cun diagnóstico de esclerose múltiple, párkinson ou ELA, na sede de Centro Deportivo Atmósfera Sport no Ensanche compostelán.

A entrevista completa no seguinte enlace.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%