AD

Actualidad

Chega a Ascensión 2025: cinco días de festa, música e actividades

today27 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancan mañá, mércores 28 de maio, e estenderase ata o domingo 1 de xuño cun programa repleto de concertos e actuacións musicais para todos os gustos, circo e eventos deportivos, sen esquecer a vertente máis tradicional con citas como a comparsa de Cabezudos, o Torneo da Chave ou os Cantos de Taberna. Guadi Galego, Tanxugueiras ou Queralt Lahoz son algunhas das actuacións destacadas así como o concerto dos 40 e o Composfest. O Recinto Feiral de Amio acollerá a Festa das Persoas Maiores o sábado 31 e a popular Feira Cabalar durante a xornada do xoves da Ascensión.

Pilar Lueiro adianta en primicia un dos artistas internacionais do Apóstolo 2025

As festas arrancan o mércores 28 cos Cantos de Taberna e co concerto Santiago 40 Pop ás 21.00 h na praza da Quintana con Depol como un dos artistas principais. O día grande da Ascensión, o xoves 29, comeza con alboradas e continúa cun concerto da Banda Municipal ás 12 h na praza da Quintana, acompañada de Ultreia. Os cabezudos animarán a xornada a partir das 12.30 h e quen o prefira poderá darse unha volta polo recinto feiral de Amio para ver a tradicional feira cabalar. Xa pola tarde será o tempo do completo programa de Folk na rúa e do concerto da Real Filharmonía (ás 20.30 h no Auditorio de Galicia). O prato forte chegará ás 21 h na praza da Quintana co concerto de Tanxugueiras. Na alameda estará a Orquestra Marbella.

O venres 30 gozaremos con outro clásico, o Composfest, cheo de boa música. Tamén terá lugar o XLVIII Torneo da Chave na Alameda. O día complétase con alborada pola mañá e orquestra pola noite.

O sábado 31 de maio será a xornada da Festas dos Maiores, da exposición de vehículos clásicos e contemporáneos ou das escolas de baile tradicional nas prazas da zona vella e da Romaría das Flores en Belvís. A praza da Quintana acollerá o concerto de Queralt Lahoz, dentro do ciclo SON Estrella Galicia.

O último día das festas, o domingo 1, celebrarase a XXIV Carreira da Ascensión e un novo concerto da Banda Municipal, neste caso con Ailá. Tamén haberá circo para a cativada na praza de Mazarelos. Guadi Galego será a encargada de poñer o broche final ás festas picheleiras por excelencia cun concerto ás 20.30 h na praza da Quintana.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *