AD

festas da ascension

8 Resultados / Página 1 de 1

Fondo
AD

Actualidad

“As festas merecen máis”: a oposición critica o cartel da Ascensión e o goberno reivindica a aposta galega

O programa Hai Debate de Radio Líder Santiago converteuse este luns nun espazo de análise sobre dous dos asuntos que marcan a actualidade compostelá: o ascenso do Monbus Obradoiro á ACB e o inicio das Festas da Ascensión. No encontro participaron Pilar Lueiro, Nerea Barcia, Marta Abal e Xan Duro, que coincidiron en cualificar de “histórico” o regreso do club compostelán á máxima categoría do baloncesto español, aínda que amosaron diferenzas á hora de valorar a programación cultural das festas […]

today13 mayo, 2026

Actualidad

Pilar Lueiro reivindica unha Ascensión “orgullosa da cultura galega” e pensada para toda a cidadanía

No arranque oficial das Festas da Ascensión 2026, a concelleira de Festas e Deportes de Santiago, Pilar Lueiro, defendeu unha programación que combina tradición, música, cultura popular e aposta decidida polo talento galego. Nunha entrevista radiofónica, a edil destacou que o modelo festivo do Goberno local mantén unha “liña moi fixa” baseada en “apostar pola cultura de noso e pola música feita aquí, sexa do estilo que sexa”. “Se non presumimos nós das nosas cousas, non vai presumir outra xente”, […]

today13 mayo, 2026

Actualidad

9louro, Lumedoloop e Saya protagonizan o IV ComposFest nas Festas da Ascensión

Regresa o Composfest, unha das propostas musicais máis destacadas da programación das Festas da Ascensión. O vindeiro 15 de maio, a Praza da Quintana converterase de novo no punto de encontro da música en directo en galego e da cultura urbana da cidade. 9louro, Lumedoloop e Saya protagonizan esta cuarta edición, que aposta por unha proposta sonora actual e de acceso gratuíto, cun cartel que reflicte o momento que está a vivir a escena galega. 9louro chega ao Composfest como […]

today8 mayo, 2026

Actualidad

Chega a Ascensión 2025: cinco días de festa, música e actividades

As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancan mañá, mércores 28 de maio, e estenderase ata o domingo 1 de xuño cun programa repleto de concertos e actuacións musicais para todos os gustos, circo e eventos deportivos, sen esquecer a vertente máis tradicional con citas como a comparsa de Cabezudos, o Torneo da Chave ou os Cantos de Taberna. Guadi Galego, Tanxugueiras ou Queralt Lahoz son algunhas das actuacións destacadas así como o concerto dos 40 e o Composfest. […]

today27 mayo, 2025

Destacado

Pilar Lueiro adianta en primicia un dos artistas internacionais do Apóstolo 2025

Pilar Lueiro presenta unhas Festas da Ascensión 2025 que "apostan pola nosa cultura, pola música en galego e por gozar das rúas de Santiago con orgullo e alegría" A concelleira de Festas en Santiago de Compostela, Pilar Lueiro foi a protagonista dunha ampla entrevista en Radio Líder Santiago, onde detallou a programación e filosofía das Festas da Ascensión 2025. Lueiro salientou que estas festas buscan "ser un escaparate de Santiago para o mundo", cunha programación que combina tradición, música, participación […]

today26 mayo, 2025

Actualidad

O Composfest celebra os 90 anos da Sala Capitol cun cartel de luxo encabezado por Grande Amore

A Praza da Quintana converterase o 30 de maio. a partir das 20.30 horas, nun templo da música coa celebración da terceira edición do Composfest, un festival promovido pola SD Compostela coa colaboración do Concello e que este ano se une á Sala Capitol para conmemorar o 90 aniversario dun dos referentes culturais da cidade. Grande Amore, Houlin’Jaus e Helena Egea compoñen un cartel de luxo no que promete ser un dos pratos fortes das Festas da Ascensión. A concelleira […]

today19 mayo, 2025

Actualidad

A voltas coa noria: «Reubicar as atraccións depende dos técnicos non da concelleira»

Pilar Lueiro, concelleira de Festas de Santiago, abordou as controversias en torno ás recentes Festas da Ascensión nunha entrevista en Radio Líder Santiago. Lueiro describiu o balance das celebracións como «positivo», destacando a alta participación en todas as actividades e a ausencia de incidentes destacables, a pesar das críticas recibidas, e cos «efectivos policiais habituais», dando resposta as declaracións do portavoz socialista que aseguraba en nota de prensa que só tiveramos unha patrulla da Policía Local durante a Ascensión, algo que […]

today16 mayo, 2024

Actualidad

VIDEO | Ana Pontón visita as Festas da Ascensión xunto a alcaldesa de Santiago

Destaca a transformación e o dinamismo da cidade un ano despois de que o BNG fixese historia coa primeira rexedora na capital de Galiza Sobre a sentenza do TC: “Anula unha barbaridade do Goberno de Rueda que o único que facía era desprotexer a nosa costa” Santiago de Compostela, 9 de xaneiro 2024.- A portavoz nacional, Ana Pontón, acudiu á Alameda compostelá para celebrar as festas da Ascensión, acompañada da alcaldesa, Goretti Sanmartín, de responsables do goberno municipal e do BNG local. “Quero empezar […]

today9 mayo, 2024

AD