AD

Comarca

Cheo total no showcooking do Cocido de Lalín celebrado en Lestedo

today5 marzo, 2025

Fondo
share close
AD
  • O restaurador lalinense Álex Iglesias protagonizou esta actividade que congregou máis de medio cento de persoas

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2025.- A Carpa Gastro da Festa da Filloa de Lestedo acolleu onte o Showcooking do Cocido de Lalín. Unha cita que contou con máis de medio cento de persoas que foi dirixida polo restaurador Álex Iglesias.

A apertura oficial desta actividade, incluída dentro do programa Filloa Cooking da Festa declarada de Interese Turístico Nacional, correu a cargo do presidente da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, José Manuel Canabal; do alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e do concelleiro lalinense Avelino Souto. Na súa intervención, Souto puxo de manifesto a importancia do irmandamento formalizado este ano entre a Feira do Cocido e a Festa da Filloa de Lestedo, salientando o seu vencellamento, toda vez que o produto boqueixonés “ten que ser a principal sobremesa do noso cocido”.

Pola súa banda, tanto Canabal como Rodeiro agradeceron ao Concello de Lalín o seu apoio á Festa da Filloa de Lestedo, materializada neste irmandamento e animaron a veciñanza e visitantes a achegarse este domingo a gozar da xornada grande da celebración. O irmandamento inclúe non só a participación de representantes do evento boqueixanés na capital do Deza, senón tamén o desenvolvemento de propostas gastronómicas conxuntas como o showcooking de onte ou o propio Cocido da Filloa, que tamén levará o selo de Lalín, sendo preparado por Álex Iglesias.

Tres deliciosas propostas

O chef sorprendeu coas súas preparacións, baseadas na cociña de aproveitamento, tomando como base o Cocido de Lalín. Así, o primeiro dos pratos foi unha Filloa de Lestedo con orella de porco en tempura e garavanzos crocantes. A esta sorprendente combinación sumouse un Canelón de Filloa de Lestedo con picadillo de Cocido de Lalín. Unha proposta ideal para aproveitar eses restos que quedan do prato e darlle outra forma acompañado co produto boqueixonés por excelencia.

Finalizou o showcooking de Álex Iglesias cunha Hamburguesa de garavanzo de Cocido de Lalín sobre Filloa de Lestedo, que resulta ideal “para que as crianzas coman legumes”, explicou o chef. Todos os pratos foron harmonizados cos viños da adega Regina Viarum, que tamén estará presente no Cocido da Filloa do domingo no pavillón de Lestedo.

O irmandamento entre a Festa da Filloa e a Feira Cocido continuará o día grande da celebración en Lestedo coa organización do Cocido da Filloa, que tamén terá a Álex Iglesias como protagonista. Unha actividade que permitirá ás persoas asistentes completar a súa experiencia gastronómica na Festa da Filloa de Lestedo, que este ano estrea a súa declaración de Interese Turístico Nacional.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *