AD

Actualidad

Chus Campos: «O éxito da Pascua confirma que as decisións tomadas foron acertadas»

today8 abril, 2024

Fondo
share close
AD

**Éxito das Festas da Pascua 2024 en Padrón, Segundo Chus Campos**

Chus Campos, concelleira de Festexos do Concello de Padrón, valorou positivamente o desenvolvemento das Festas da Pascua deste ano, nunha entrevista concedida a Radio Líder Santiago. A concelleira fai un balance «moi positivo» destas celebracións, que remataron onte domingo despois de 16 días dunha extensa e variada programación.

A pesar dos contratempos provocados pola chuvia e o vento, que obrigaron á cancelación de actuacións como as de Fillas de Cassandra e as orquestras Miramar e Satelites, achegaronse ata Padrón milleiros de personas, especialmente nas fins de semana, como o pasado sábado onde se acadaron cifras récord de participación nunha xornada marcada polo concerto de Celtas Cortos e a orquestra Olympus.

Campos adiantou que a orquestra Satelites conta xa cunha nova data para actuar no concello, aproveitando a festa de San Xoan do Raio o vindeiro luns 6 de maio. Ademais, revelou que están en conversas con Mirarar e Fillas de Cassandra para fixar unha nova data de actuación.

A concelleira agradeceu o éxito e a participación en todas as actividades e actos programados, confirmando que «as decisións tomadas foron acertadas». Tamén expresou o agradecemento aos milleiros de visitantes_ aínda sen cifra oficial_pola súa responsabilidade, polo que non houbo que lamentar incidentes notables, e destacou tamén o traballo do persoal do concello, a policía local e todas as persoas implicadas en sacar adiante as festas e que foran todo un éxito.

Estas foron as primeiras festas que Chus Campos viviu como concelleira de Festexos en Padrón, o igual que Anxo Arca como alcalde.

A entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%