Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 mayo, 2025
A Asociación Comercio Punto Compostela CCA, en colaboración coa Asociación Cultural Casino de Santiago de Compostela, lanza o Concurso de Redacción «O Comercio Local». Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de ESO e Bacharelato dos institutos de Santiago co obxectivo de fomentar a creatividade e destacar a importancia do comercio local.
O concurso, presentado esta mañá na sede da CEG, estará aberto ata o 28 de maio. Os participantes deberán presentar traballos en galego, cunha extensión mínima de 200 palabras, centrados nos establecementos locais composteláns. Os traballos entregaranse en papel e os interesados poderán consultar as bases completas cos seus titorores.
Ademais de sensibilizar á mocidade sobre o valor do comercio local, a iniciativa premiará os tres mellores traballos de cada categoría con 300€, 200€ e 100€, que deberán ser gastados en comercios asociados a Comercio Punto Compostela CCA. O instituto con maior participación recibirá tamén un ordenador como premio especial.
Na presentación, José Antonio Seijas, presidente da Asociación Comercio Punto Compostela CCA, destacou o papel da xuventude no futuro do comercio local. O acto contou coa presenza de Ubaldo Rueda, presidente da Asociación Cultural Casino, así como de concelleiros do PP e PSOE do Concello de Santiago. O proxecto está financiado pola Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, e conta co apoio da Federación Galega de Comercio.
Esta iniciativa non só promove a expresión escrita e a creatividade, senón que tamén reforza o vínculo entre os mozos e os comercios da súa cidade.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)