AD

Comarca

Comeza o campo internacional de voluntariado “Monte Sacro”, promovido por Boqueixón e Vedra

today23 julio, 2025

Fondo
share close
AD
  • Os quince mozos e mozas participantes, chegados de diferentes partes de España e de países como Rusia ou Italia, actuarán durante esta semana en San Xoán da Cova (Vedra)

Boqueixón, 23 de xullo de 2025.- O campo internacional de voluntariado “Monte Sacro”, promovido polos Concellos de Boqueixón e de Vedra, bota a andar esta semana tras cubrir todas as súas prazas. Un total de quince rapaces e rapazas, de entre 18 e 30 anos de idade chegados de diferentes partes de España e de países como Rusia ou Italia, participarán nesta iniciativa ata o vindeiro 31 de xullo.

Durante estas dúas semanas, a rapazada levará a cabo accións de limpeza e acondicionamento de dous espazos naturais: primeiro nas inmediacións de San Xoán da Cova (Vedra) e despois no Pico Sacro (Boqueixón). A primeira actuación terá lugar nos próximos días nas inmediacións do lugar onde se cre que podería estar emprazado o mosteiro de San Xoán da Cova. De feito, a expedición recibiu a visita do historiador Henrique Neira, quen lles falou das historias e lendas que envolven a este magnífico encrave natural e cultural.

E é que a pesar de que non hai catalogados restos arqueolóxicos na zona, si se dispón de moita información e lendas sobre a ermida de San Xoán da Cova e os seus monxes. Un lugar citado xa nun antigo documento do século IX como “Sactum lhanem ad Eremo” pero cuxa localización exacta continúa sendo un misterio, despois de sufrir os ataques dos viquingos e mesmo ser derrubado polas augas do río Ulla. A actuación da rapazada consistirá na limpeza da contorna para despexala de plantas e árbores invasoras, de forma que a zona sexa máis visitable.

Xunto a estas actuacións, a rapazada presente no campo internacional de voluntariado “Monte Sacro” tamén participará en distintos obradoiros e charlas formativas, ademais de realizar roteiros e visitas a distintos puntos de interese de Galicia, como Santiago de Compostela.

Esta iniciativa está coorganizada polos Concellos de Vedra e Boqueixon e impulsado pola dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *