AD

Comarca

Concentración na defensa da sanidade pública en Dodro

today14 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD

En Dodro están a sufrir o problema da falta de médicos en Galicia. O centro de saúde, dependente do SERGAS, leva tempo sen cubrir a falta, por incapacidade temporal ( I.T.) dun dos dous médicos que prestan o servizo no Centro de Dodro.

A incapacidade temporal foi cuberta por unha doutora que se facía cargo dos pacientes da doutora titular. Esta nova facultativa atopou un mellor posto de traballo optou por deixar o destino en Dodro.

Dende o Concello de Dodro trasladouse ao SERGAS a preocupación veciñal pola falta de médicos. Ao mesmo tempo pedíuselles aos responsables a máxima previsión por si se volveran a producir no centro de saúde ausencias non desexadas.

O concello estivo este xoves de forma institucional na manifestación convocada pola defensa do centro de saúde de Dodro.

Solución temporal

Segundo as conversacións mantidas polo alcalde de Dodro, Xabier Castro, coa Xerente do Sergas, Eloina Núñez, non foi posible atopar ningún médico que puidera suplir as horas necesarias na praza baleira e cubrir de xeito completo a ausencia. Si que se atopou unha solución temporal que pasa polo desprazamento de outro médico da zona a Dodro, 3 días por semana. O SERGAS considera que con esta solución os retrasos ocasionados pla ausencia serán mínimos ou non se producirán.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%