AD

Comarca

Constitúese a comisión de seguimento das obras de humanización do Milladoiro

today1 febrero, 2025

Fondo
share close
AD
  • Esta comisión é resultado dunha demanda realizada ao Goberno a pasada semana
  • Recolléronse diversas suxestións para mellorar a sinalización da obra e a información á cidadanía
  • O alcalde urxe a execución do proxecto aprobado no ano 2022 para conectar a SC-20 co parque empresarial do Milladoiro

O alcalde, Blas García, e a Subdelegada do Goberno, María Rivas, veñen de presidir a primeira sesión da comisión de seguimento das obras de humanización do Milladoiro, á que tamén asistiron  os concelleiros de Obras e Urbanismo, Gustavo Nieto e Víctor Fernández. Este órgano é resultado da demanda realizada por parte da Alcaldía á Delegación do Goberno o pasado luns 20 de xaneiro.

Esta comisión nace co propósito de que as distintas asociacións empresariais e plataformas veciñais poidan trasladar as súas suxestións e demandas ás administracións e empresas competentes no desenrolo da obra. Nela estiveron representados Xuntanza de Empresarios de Ames; Asociación de Empresarios Novo Milladoiro; Asociación Viorneira, Palmira, Bulevar; Plataforma N-550; Concello de Ames; Demarcación de Estradas do Estado; e as empresas que están a realizar a actuación, Prace e Eptisa.

O resultado desta primeira xuntanza foi o acordo de establecer un plan de comunicación para trasladar debidamente á veciñanza as actuacións máis traumáticas e fitos importantes da obra. Do mesmo xeito tamén se acordou seguir reforzando a sinalización e o desvíos pois, aínda que se detectou que diminuíu o tráfico polo centro do núcleo, esta tendencia debe continuar: “O Milladoiro é unha vía urbana, xa non será máis unha vía de paso. Esta actuación é para o desfrute da veciñanza”.

Por outra banda, dende o Concello demandouse máis persoal para que esta humanización non se dilate máis tempo do debido. O alcalde tamén recordou a necesidade de acometer a actuación do novo acceso ao parque empresarial do Novo Milladoiro dende a SC-20 para aliviar o tráfico da avenida pois, recordou, “este proxecto foi aprobado no ano 2022”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *