AD

Actualidad

Críticas do Grupo Municipal Socialista ao PSdeG local polo «teatrillo» na negociación dos Orzamentos

today26 febrero, 2025

Fondo
share close
AD

Comunicado do Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela relativo á votación do proxecto de Orzamentos 2025:

«Cabe preguntarse en que mellorou a calidade de vida das nosas veciñas e veciños despois do “teatrillo” que realizaron estes días, a conta dos orzamentos, a dirección local do PSdeG de Aitor Bouza e Marta Santullano coa complicidade de Gumersindo Guinarte e Marta Abal.

Cabe preguntarse tamén en que mudaron uns orzamentos que xa estaban pechados desde hai un mes para que, o venres, estas persoas afirmaran que non podían asegurar a súa votación favorable, e que agora digan que van facilitar a súa aprobación.

A resposta ás dúas preguntas é: en nada.

En nada mellorou o noso concello con este “teatrillo”, que só responde ao afán de protagonismo dalgunhas persoas; e en nada mudou o proxecto de orzamentos que mañá se vai aprobar.

O único que houbo aquí foi unha escenificación para chamar a atención, e simular un exercicio de poder. E todo isto xogando con un tema tan transcendental para o noso concello como son os orzamentos do municipio.

Este é o nivel? De verdade? Para isto quedaron o señor Guinarte e a señora Abal?

Todo, absolutamente todo polo que preguntaron á señora Sanmartín nestes días, xa fora tratado nas reunións de negociación nas que participara a propia Marta Abal. En todas elas estivo, e sabe que se tratou desde a execución do anterior acordo ata as previsións e cronograma das actuacións que recolle este.

Só hai unha cousa que non se tratara antes, unha única cuestión. Un único asunto que foi a súa principal esixencia. Se queren, que o aclaren, e digan a toda a cidadanía cal foi a súa principal reclamación ao goberno local para aprobar as contas locais.

Entón a xente verá que isto, unha vez máis, non vai de mellorar a vida das nosas veciñas e veciños.

Isto vai doutra cousa.»

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *