AD

Comarca

Cruces celebra a súa Feira do Galo de Nadal cun magnífico ambiente na Praza do Concello

today22 diciembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • Luis Taboada, alcalde: “Esta feira é unha maneira de manter vivas as nosas raíces e de poñer en valor o traballo dos criadores e o saber facer de xeracións enteiras”
  • Houbo unha animada degustación do galo, elaborada por restaurantes da zona, e música a cargo da agrupación Vai Nela de Salgueiros

Vila de Cruces, 22 de decembro de 2025 (Vía Láctea Comunicación).- O Concello de Vila de Cruces celebrou hoxe a XXVI Feira de Nadal do Galo de Curral na Praza Juan Carlos I (Praza do Concello). O alcalde Luis Taboada inaugurou a xornada, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera; o xefe territorial de Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo; o alcalde de Touro, Jesús Reboredo; así como representantes do Concello de Boqueixón.

Luis Taboada sinalou que a Feira do Galo de Nadal é xa unha cita imprescindible onde “celebramos o mellor da nosa terra”, enxalzando a gastronomía e a tradición e tendo como protagonista indiscutible ao galo de curral, un produto único, criado con coidado, tempo e respecto, sinónimo de calidade e identidade. “Esta feira é unha maneira de manter vivas as nosas raíces e de poñer en valor o traballo dos criadores e criadoras e o saber facer de xeracións enteiras”, manifestou.

A carpa encheuse de espírito navideño, creando un magnífico ambiente no que gozar da degustación gratuíta do galo, con elaboracións realizadas polos cociñeiros de oito establecementos locais de restauración: A de Rafael, O Galicia, Onde Antonio Mouriscade, Casa San Martín, Casa Don Din, O Refuxio, Álex Iglesias e O Pazo. Ademais, a veciñanza e os visitantes puideron mercar o galo xa morto para levar para á casa e degustalo nas súas mesas de Nadal. A xornada contou coa actuación da agrupación Vai Nela de Salgueiros, que puxeron ritmo e música durante toda a mañá.

Finalmente, a tenente de alcalde de Cruces, Mireya Otero, agradeceu a colaboración da Asociación de Criadores de Galo de Curral de Vila de Cruces polo “importante labor que desenvolven ao longo do ano”, e a participación dos restaurantes locais e tamén da agrupación Vai Nela de Salgueiros, facéndolles entrega dun detalle como mostra de recoñecemento do Concello.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *