AD

Comarca

Culturgal chega a Arzúa cunha variada proposta de música, literatura e artes escénicas

today7 octubre, 2024

Background
share close
AD
  • A Deputación da Coruña aposta por levar a cultura ao rural

Arzúa 7 de outubro de 2024. Os vindeiros 11 e 12 de outubro, Arzúa converterase no epicentro cultural da provincia coa celebración da primeira edición do Culturgal Expandido. Este evento, organizado pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Arzúa a e o Cultural, busca achegar propostas culturais de calidade ás vilas e ao rural, fóra dos tradicionais núcleos urbanos. As actividades desenvolveranse na Capela da Madanela, con entrada gratuíta ata completar aforo.

Na presentación oficial, que tivo lugar hoxe na Capela da Madanela, participaron Víctor López, presidente de Culturgal; José Luís García López, concelleiro de Cultura, Benestar e Terceira Idade de Arzúa; Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña e Xoán Xesús Carril Ramos, alcalde de Arzúa.

Víctor López, presidente de Culturgal, destacou a importancia de levar o evento a novas localizacións: «Culturgal sempre tivo vocación de país. Cando desde a Deputación nos propuxeron expandir o festival á provincia da Coruña e traelo a Arzúa, non  dubidamos. Estamos encantados de que cada vez máis concellos poidan acoller esta cita coa cultura.»

Pola súa parte, o concelleiro de Cultura, José Luís García López, salientou o traballo continuo do Concello para consolidar Arzúa como un referente cultural: «Agradecerlle a Deputación e a organización que apostara por Arzúa nesta primeira edición. Creo que é un recoñecemento ao traballo que desde a área de Cultura facemos durante todo o ano.»

A deputada de Cultura, Natividade González, subliñou o obxectivo de descentralizar a cultura: «Con esta primeira edición do Culturgal Expandido en Arzúa, queremos consolidar políticas culturais que aposten por achegar a cultura a todas as persoas, rompendo co habitual enfoque urbano e poñendo o rural no centro.»

Finalmente, o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril Ramos, agradeceu a confianza depositada no concello e animou a participar a toda a veciñanza: «É un orgullo acoller esta primeira edición do Culturgal Expandido. Animamos á veciñanza a que participe e faga deste evento un auténtico éxito, demostrando que o rural tamén pode ser un centro cultural de referencia.»

Programación do Culturgal Expandido en Arzúa

A programación, que terá lugar na Capela da Madanela os días 11 e 12 de outubro, ofrece unha ampla variedade de actividades culturais para todos os públicos. A entrada é de balde ata cubrir capacidade.

Venres 11 de outubro:

18:00 Apertura.
18:15 Presentación de Indolente por Alberto Mancebo (Edicións Xerais) [LITERATURA].
19:00 Charla: Tradición oral recuperada das tebras. Son contos… ou Historia? por Severino Fernández Abel (Medulia Editorial) [LITERATURA].
20:00 Espectáculo Clopas [MÚSICA, LITERATURA].
21:00 Concerto: Patios de Luz por Su Garrido Pombo [MÚSICA].

Sábado 12 de outubro:

11:30 Teatro infantil: O lobo feliz por Miguel Guido [INFANTIL, ESCÉNICAS].
12:30 Concerto: Caderno de cores e cancións por Magín Blanco [INFANTIL, MÚSICA].
18:00 Presentación de Ser cetáceo por FX Fernández Naval (Editorial Bululú) [LITERATURA].
19:00 Entrevista con Xurxo Souto e Lucía Aldao.
20:00 Concerto: Somos un pobo de artistas por Xurxo Souto (Edicións Xerais) [MÚSICA].
21:00 Concerto: Pava por Lucía Aldao [MÚSICA].

Este evento é unha mostra do compromiso por facer da cultura un dereito accesible para todas as persoas, independentemente de onde vivan. Co Culturgal Expandido, Arzúa reafirma , en colaboración coa Deputación da Coruña, que o rural tamén pode ser un motor cult ural, ofrecendo unha programación diversa e de calidade para toda a veciñanza.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%