Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 julio, 2025
A situación é crítica- alertou De la Fuente- xa que puidemos comprobar o incremento do trapicheo de drogas en diferentes zonas de Santiago; os últimos atentado contra a nosa Catedral, o último onte no Arco de Xelmírez; os reiterativos roubos en establecementos; os intentos de agresión con arma branca; e, incluso, o intento de butrón nun banco esta mesma semana.
“O BNG non se está a tomar en serio o grave problema que temos na cidade, exemplo disto é a reiterada negativa do goberno local a empregar as cámaras de videovixilancia”, insistiu.
O Partido Popular de Santiago, a través do seu concelleiro José Ramón de la Fuente, vén de manifestar a súa preocupación e denuncia a pasividade do goberno local ante o evidente incremento da criminalidade no municipio. “Dende que o BNG goberna a Compostela, -remarcou- os distintos actos delictivos non fixo máis que medrar, situación avalada por todos os datos, tanto trimestrais, como anuais”.
De la Fuente aclarou que, “no ano 2022 ao 2024, a criminalidade medrou na cidade un 10%, chegando aos 5.056 delitos, a cifra por cada mil habitantes máis alta das cidades de Galicia e este notable aumento en Santiago contrasta cos descensos significativos noutras vilas galegas, como: A Coruña (-9%), Vigo (-5,4%), Pontevedra (-5,6%) e Ames (-26%)”.
Para o popular, “está claro que algo falla en Santiago se a delincuencia segue a aumentar, mentres diminúe no conxunto do resto de Galicia; algo falla en Santiago se a nosa cidade ostenta, entre as vilas galegas, o lamentable récord de delitos por cada mil habitantes”.
A situación é crítica- alertou- xa que puidemos comprobar o incremento do trapicheo de drogas en diferentes zonas de Santiago como Laraño, tal como denuncia a súa veciñanza;, os últimos atentado contra a nosa Catedral, o último onte no Arco de Xelmírez; os reiterativos roubos en establecementos; os intentos de agresión con arma branca; e, incluso, o intento de butrón nun banco esta mesma semana.
De la Fuente asegurou que “o BNG non se está a tomar en serio o grave problema que temos na cidade coa delincuencia, non pon medidas e a situación non fai máis que empeorar; e, o malo, é que se poden facer cousas e poñer medios a disposición das nosas forzas e corpos de seguridade, pero as nacionalistas non queren”.
“Exemplo disto é a reiterada negativa do goberno local de que empreguen as cámaras de videovixilancia para protexer o noso espectacular patrimonio histórico, para protexer a nosa Catedral, que acabamos de ver, unha vez máis, que foi obxecto dun acto de vandalismo”, remarcou.
O edil popular subliñou que “de ter ás cámaras de videovixilancia gravando é probable que non se houbera producido ese ataque, dado que a mera presencia destes aparatos disuaden aos delincuentes, pero de non ser así, teríamos unha ferramenta formidable para esclarecer o feito e descubrir aos responsables, pero o BNG négase contumazmente a poñelas a gravar, polo que a pregunta é inevitable, por que?”.
“A maioría das cidades, algunhas tan pouco sospeitosas para eles como Barcelona, San Sebastián e Bilbao incrementaron, notablemente, o seu parque de cámaras de videovixilancia; é dicir, unha vez detectado un problema de seguridade, decidiron facerlle fronte e incrementaron as cámaras na cidade”, insistiu de la Fuente.
Para o popular, “tamén é imprescindible unha política decidida de incremento de efectivos de Policía local, posto que, a pesar de que na cidade son necesarios en torno a 100 efectivos máis, na recente OEP aprobada só se prevé a incorporación de tres novos efectivos, e, así, é imposible cumprir coas ratios recomendables que precisamos, o que evidencia que a falta de ambición do goberno do BNG é un auténtico lastre para a cidade”.
“No ecuador do mandato, en lugar de fastos e autohomenaxes, o BNG debería estar traballando nun cambio de goberno, nunha reestruturación de competencias, porque está claro que non están sabendo afrontar o incremento de criminalidade que estamos padecendo”, concluíu.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)