AD

Comarca

Dobre cita cultural en Boqueixón esta fin de semana: Noite Velada e Batalla de Ponte Ledesma

today31 julio, 2025

Fondo
share close
AD

Boqueixón, 31 de xullo de 2025.- O campo do río de Ponte Ledesma (Boqueixón) será escenario esta fin de semana de dúas singulares iniciativas culturais: a Noite Velada e a Batalla de Ponte Ledesma. Dous eventos de entrada libre e de balde, ata completar aforo.

Así, o campo do río de Ponte Ledesma acollerá mañá venres 1 de agosto, a partir das 21:30 horas, unha nova edición da “Noite Velada”. Esta iniciativa, organizada polo Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón, busca unir a tradición e a cultura baixo a imaxe dunha ponte histórica que volverá alumearse un ano máis coa luz das candeas e as teas.

A música correrá a cargo dos grupos locais Muxicas da Silveira e da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio, así como do grupo Leirabuxo. A entrada é totalmente libre e de balde, ata completar o aforo de butacas. Unha vez cuberto, o público asistente tamén pode seguir as actuacións de pe ou sentados no céspede co campo do río. Haberá postos de comida e bebida para as persoas que o desexen.

Recreación histórica

O mesmo escenario do campo do río de Ponte Ledesma acollerá dous días despois, o domingo 3 de agosto, ás 20:00 horas, unha recreación da histórica “Batalla de Ponte Ledesma”, que enfrontou en marzo de 1809 á veciñanza liderada pola Xunta de Trasdeza e ás tropas napoleónicas e que se saldou con vitoria veciñal.

Unha recreación na que participarán veciños e veciñas de Boqueixón, así como os “franceses” da Asociación Cultural Heroes de Casaldeirigo (Valga), todos eles dirixidos polo actor Suso Martínez, encargado de narrar os feitos, e coa música de Manoele de Felisa. A entrada é totalmente libre e de balde.

O Concello de Boqueixón vén de acometer durante os últimos días tarefas de limpeza e acondicionamento na contorna da Ponte Ledesma, un espazo natural á beira do río Ulla e cheo de historia que está listo para acoller esta dobre cita cultural.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *