AD

Actualidad

Dodro busca solucións ante a falta de médicos no centro de saúde

today10 abril, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

Xabier Castro mantivo un encontro coa xerente, Eloina Núñez, no que estudaron a situación actual do servizo que o centro de saúde de Dodro ofrece á veciñanza.

Dodro, 10 de abril 2024- O alcalde de Dodro, Xabier Castro, mantivo unha reunión coa xerente da área sanitaria Compostela – Barbanza, Eloina Núñez, para estudar a situación de centro de saúde e os servizos que ofrece na actualidade á veciñanza.

O centro de saúde de Dodro sofre, desde hai meses, a falta dun dos dous médicos titulares a xornada completa. Esta baixa provocou deficiencias no servizo que acumulou retrasos. Na actualidade un novo médico dedica un sesenta por cento do seu horario a cubrir a baixa ata que se incorpore un novo titular.

Xabier Castro pediulle á xerencia de área que se resolva a situación o antes posible. Eloina Núñez confirmou que están traballando na procura dunha mellor solución pero que a falta de profesionais en medicina familiar e comunitaria é un problema real que afecta a todo o estado polo que atopar un novo titular non é doado.

O SERGAS comprometeuse a manter, ata atopar unha solución definitiva, o facultativo parcial que cubre a baixa na actualidade e mesmo aumentar as horas que dedica se en algún momento fora posible.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%