Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Dodro, 18 de abril 2024 – O concello de Dodro quere conmemorar o Día do libro achegando a lectura á veciñanza, en colaboración cos hostaleiros do pobo, na iniciativa CAFELIBROS Media ducia de locais recibiran da biblioteca, desde o día 23, un préstamo de libros durante quince días.
Lecturas variadas e para todas as idades, en galego e castelán, que os hostaleiros poderán ofertar aos seus clientes. Os propietarios só teñen que responsabilizarse do coidado dos libros. Ao remate da experiencia avaliarase a acollida e desenvolvemento da actividade e valorarase a súa continuidade ao longo do ano.
En esta edición de CAFELIBROS colaboran os seguintes locais de hostalería de Dodro: Casa Buela (Imo), Casa Pancho (Vigo), Café-Bar Da Silva (Tallós), Café-Bar Caprichos (Lestrobe), Café-Bar Trébol (Lestrobe) e Restaurante Café Bar Xuncos (Imo).
O concello de Dodro cre que se trata dun bo xeito de fortalecer o amor pola lectura e a cultura ademais de dar a posibilidade á hostalería de probar a ofrecer un servizo distinto. Trátase dunha iniciativa que facilita o acceso á literatura e mesmo impulsa a conversa.
O Día do libro celebrase o 23 de abril e a data conleva tamén o Día dos dereitos de autor. En esta data faleceron destacados escritores como Cervantes, Shakespeare, Garcilaso de la Vega e foi escollida pola UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) co fin de fomentar a lectura, recoñecer a figura do/a autor/a e procurar o fortalecemento da industria editorial de cada país.
Kalopsia
Outra das actividades municipais enmarcadas na Semana do Día do Libro é o contacontos «Kalopsia», mediante o que nenas/os de 6 a 12 anos poderán descubrir e coñecer a UE. Esta actuación pertence ao programa #EuropaNoTeuConcello de Europa Direct, Centro Oficial de Información da Comisión Europea pertencente á Deputación de A Coruña.
A sesión de contacontos terá lugar o xoves, 25 de abril, ás 17.30 horas na Casa da Cultura de Dodro. As nenas/os participantes levarán como agasallo o conto de Kalopsia e a actividade disporá de intérprete de signos.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)