Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Dodro, 3 de maio do 2024 – O concello de Dodro ven de abrir o proceso de selección para a contratación laboral temporal de 1 peón/peoa forestal e 1 enxeñeiro/a de montes durante 9 meses e a xornada completa.
Os candidatos deberán estar en situación de desemprego. O sistema de selección será mediante oferta na Oficina de Emprego Santiago Norte e posterior oposición. A selección realizarase de entre os candidatos/as remitidos/as pola mencionada oficina.
No suposto que no período de duración do contrato tivese lugar a baixa dalgún/ha traballador/a, o concello, sempre que sexa posible, non procederá a iniciar un novo proceso de selección, senón que se chamará ao seguinte candidato/a que figurase mellor
valorado.
Entre os temas sobre os que versará a oposición está o coñecemento da orografía de Dodro, a Lei de Montes de Galicia ou a Lei de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, ou a Lei do solo de Galicia ademais de tratamentos silvícolas ou tratamentos para as principais especies arbóreas.
As bases completas están xa a disposición dos candidatos/as na sede electrónica do concello de Dodro.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)