AD

Comarca

Dodro destinará o POS+ adicional ao Servizo de Axuda no Fogar

today15 enero, 2025

Fondo
share close
AD
  • O pleno ordinario de xaneiro aprobou tamén a delegación na Deputación da Coruña da inspección de construcións, instalacións e obras e da taxa urbanística

Dodro, 15 de xaneiro do 2025 – O concello de Dodro celebrou este martes 15 o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro. En el aprobou destinar o POS+ adicional 1/2025 para gastos sociais extraordinarios ao Servizo de Axuda no Fogar.

O POS en cuestión supón para o concello de Dodro un total de 33.133 euros que se destinarán ás partidas do SAF destinadas a usuarios dependentes. A decisión foi apoiada por tódolos grupos municipais que coincidiron na importancia do servizo excepto Xente de Dodro que decidiu absterse.

O pleno aprobou tamén a delegación na Deputación da Coruña da inspección do imposto de construcións, instalacións e obras e da taxa urbanística. Unha medida que aforrará traballo á administración local sendo o concello de Dodro un dos primeiros en sumarse a esta oferta de servizo por parte do organismo provincial.

Por outra banda saíu adiante tamén o regulamento da mesa local de coordinación interinstitucional fronte á violencia de xénero cos votos favorables de tódolos concelleiros excepto os de Xente de Dodro que optaron, de novo, por absterse.

Mocións

O BNG presentou unha moción que propoñía beneficios fiscais para vivendas que realicen compostaxe de materia orgánica con composteiros. A moción foi rexeitada pese ao apoio do goberno municipal. O BNG presentou unha segunda moción en contra da reapertura da explotación mineira de Touro O Pino que saíu adiante cos votos do grupo de goberno, PSdeG, Unidade Veciñal de Dodro e o propio BNG.

Unidade Veciñal de Dodro presentou unha moción de urxencia pedindo o mantemento do servizo de pediatría no centro de saúde. Tras a aprobación da urxencia, e a exposición e debate, a moción foi aprobada cos votos a favor do PSdeG, BNG e a propia Unidade Veciñal.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%