AD

Actualidad

Dona Dana reabre as súas portas cunha festa con Kiko Rivera e varios Djs galegos

today2 diciembre, 2025

Fondo
share close
AD

A discoteca Dona Dana, situada no concello de Touro (A Coruña), prepárase para vivir unha noite histórica coa súa inauguración baixo nova xerencia, que terá lugar o venres 5 de decembro, cunha apertura prevista para as 00:00 horas. O evento contará cun cartel de primeira liña encabezado polo popular artista Kiko Rivera, que será unha das grandes atraccións desta esperada reapertura.

A xornada incluirá tamén as actuacións de Kike Varela, DJ S0N1C, Marcos Magán, David Bermúdez e Nyan Boe, configurando unha combinación de estilos pensada para garantir unha noite de máxima festa e público diverso. Ademais, o show contará coas coñecidas performances de Pablo Méndez, que engadirán un punto extra de espectacularidade ao evento.

A organización puxo especial énfase en ofrecer un servizo completo aos asistentes. Haberá aftermovie, fotógrafo, fotomatón 360º e incluso servizo de hamburguesería dentro do recinto. Para facilitar o transporte seguro, Dona Dana habilitou múltiples liñas de bus con paradas en diferentes localidades coma Santiago, Arzúa, Melide, Ordes, Sigüeiro, O Milladoiro ou Ribadulla, entre outras.

As entradas anticipadas xa están dispoñibles en puntos físicos, e inclúen unha consumición válida até a unha da madrugada.

Con esta inauguración, Dona Dana busca marcar unha nova etapa no ocio nocturno da comarca, apostando por eventos de gran formato e artistas de primeiro nivel..

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *