Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Un coche envorcado deixou dous feridos esta tarde na estrada que une Trasmonte con Castiñeiro do Lobo, no concello de Ames. O aviso foi recibido ás 18:00 horas, mobilizándose ata o lugar os servizos de emerxencia.
Ao chegar, os efectivos atoparon o vehículo envorcado e aos dous ocupantes no seu interior, que precisaron asistencia sanitaria. Ambos foron trasladados polo 061 a un centro hospitalario.
No punto tamén interviñeron a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Ames e o GES de Brión.
As causas do accidente están a ser investigadas.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)