Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today3 junio, 2024
Dúas persoas resultaron feridas de gravidade este domingo en torno ás 22.00 horas tras colidir contra a mediana na A-54, á altura de Santiago. O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente mediante a chamada dun particular non implicado, quen informou que un coche que circulaba en dirección a Santiago chocara contra a mediana no quilómetro 88 da A-54, en O Carballal.
A colisión fixo que o vehículo no que viaxaban dous irmáns de 34 y 38 anos de idade acabara no carril contrario, polo que varios condutores chamaron ao 112 Galicia para informar de que os ocupantes non estaban atrapados, pero precisaban asistencia sanitaria.
Finalmente, os equipos sanitarios trasladaron aos dous ocupantes do coche ao hospital.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)