Un motorista ferido no acceso á autovía do Barbanza en Boiro
Nesta mañá, os efectivos do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña, con base en Boiro, actuaron nun accidente de tráfico no que se viu implicado un motociclista. O suceso produciuse no acceso á autovía AG-11, ao paso polo punto quilométrico 24, no concello de Boiro. Ademais dos bombeiros, no lugar do accidente presentáronse efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil (SMPC), persoal sanitario do 061 e axentes da Garda Civil, que coordinaron as labores de auxilio e a investigación das causas do sinistro. […]