Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today1 diciembre, 2025
Un aparatoso accidente de tráfico rexistrado esta mañá en Santiago de Compostela, ao fío das 06:50 horas, deixou dúas persoas feridas que tiveron que ser trasladadas ao Hospital Clínico. O sinistro produciuse na rotonda situada no quilómetro 337 da N-525, na parroquia do Eixo, e obrigou a un importante despregamento de emerxencias.
Segundo informou o 112 Galicia, varios particulares alertaron da presenza de tres coches accidentados, un deles volcado, e dun condutor que non podía saír polos seus propios medios. Activouse de inmediato un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros e Policía Local de Santiago.
Os bombeiros tiveron que realizar labores de excarceración para liberar ao condutor atrapado no interior do vehículo volcado.
Tras a intervención, o servizo de Bombeiros de Santiago fixo pública unha mensaxe na que alertan das condicións nas que tiveron que traballar esta madrugada. Explican que se tratou dunha emerxencia “complexa”, con “múltiples vehículos, manobras de excarceración e riscos engadidos”, afrontada cun equipo “reducido ao límite, novamente por debaixo dos mínimos establecidos para garantir unha resposta adecuada”.
Subliñan que “cada minuto conta, cada par de mans conta… e hoxe faltaban” e sosteñen que “non se pode normalizar que situacións de alto risco se atendan con dotacións insuficientes”.
O servizo afirma que esta é “outra proba máis da crítica situación que atravesa o servizo, que leva semanas sen cumprir os mínimos e que acumula xornadas de inoperatividade total”. Engaden ademais que, mentres tanto, “a cidadanía segue dependendo dun sistema que non está sendo protexido nin reforzado por quen debería”.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)