AD

Comarca

Educación e o Concello de Frades avalían actuacións para mellorar o colexio de Ponte Carreira

today7 abril, 2025

Fondo
share close
AD

 

Dende o Concello solicitaron melloras no illamento da fachada da instalación e a eliminación de humidades

7 de abril de 2025.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, reuniuse co alcalde de Frades, Roberto Rey, para avaliar o estado do Colexio Público Integrado CPI de Ponte Carreira e concretar novas actuacións de mellora. No encontro, no que tamén participou o concelleiro de Educación, Manuel Ferreiro, analizáronse intervencións ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica, a estratexia da Xunta para modernizar os centros e adaptalos ás necesidades actuais do ensino.

Neste caso, Roberto Rey e Manuel Ferreiro fixeron fincapé na necesidade de mellorar o illamento térmico do centro escolar, a través dunha intervención nas fachadas de ambos os dous edificios así como a reparación dalgunhas humidades. Compre lembrar que a Xunta leva investido máis de 550.000 euros neste colexio, que recentemente celebrou o seu 50 aniversario, co fin de garantir que o centro sexa para os case 140 alumnos un espazo educativo accesible, eficiente e adaptado ás novas metodoloxías.

Nese sentido, tanto o Goberno galego como o Concello coincidiron na importancia de seguir avanzando en actuacións que permitan ofrecer unha educación de calidade, coa colaboración entre institucións como ferramenta clave para atender as necesidades da comunidade educativa.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *