AD

Comarca

Efa Piñeiral acolle unha xornada sobre a venda online do produto agroalimentario

today20 marzo, 2025

Fondo
share close
AD

Celebráronse en Arzúa a xornada “As estratexias de márketing dixital para o sector agroalimentario” promovida pola Fundación Juana de Vega e o centro de formación profesional e promoción rural Efa Piñeiral.

Nas instalacións do centro educativo estudantes de márketing e publicidade así como produtores e profesionais do eido agroalimentario puideron coñecer as claves da venda online grazas ás intervencións de Beatriz Ventosinos (CEO de Ahao Studio), Pablo Borrás (CEO de 2bedigital), Fernando Mosquera (responsable de performance en Esterea) e Pablo Roca (Juicer Marketing).

Pablo Borrás puxo de manifesto a importante oportunidade que o mercado en liña ten para os produtores galegos “O crecemento do e-commerce en alimentación foi exponencial nos últimos anos. En 2023, o 45% dos consumidores españoles compraron productos frescos online, o que supón unha oportunidade clave para o sector agroalimentario galego”. As claves do éxito radican en: “Produto interesante cun enfoque diferenciador que esté claramente identificado na ficha de produto, unha imaxe moi coidada e inversión asociada á posta en valor dos beneficios”.

Na acción formativa tamén se celebrou a mesa redonda adicada a coñecer exemplos de éxito de estratexias e marketplaces alimentarios de Galicia como son Carabuñas, Bigcrafters e Plant on Demand moderada por Pablo Borrás. Neste intercambio de experiencias quedou de manifesto a importancia da marxe, sobre o volume ou a facturación, así como a necesidade de priorizar a recurrencia de compra “Conseguir un cliente é moi caro, se non se consigue fidelizar a ese cliente e que as súas compras sexan recurrentes a estratexia non está funcionando”, afirmou Francesc Pumarola, directivo de Hijos de Rivera.

A actividade completouse cun obradoiro de vídeo a cargo de Miguel Rodríguez de Phill Miller onde os participantes poideron grabar, editar e xerar unha publicación audiovisual concebida para as canles de social media.

Dende as Fundación Juana de Vega agradeceron a sensibilidade do centro de formación Efa Piñeiral na acollida e promoción das actividades formativas no sector agroalimentario. A xornada formativa de hoxe encádrase dentro da aposta pola formación para a mellora da competitividade dos principais sectores produtivos do rural galego. Entre eles o agroalimentario, que centra gran parte dos programas e proxectos da Fundación Juana de Vega “.

“Somos un centro de promoción rural, para nós a formación é unha actividade clave para a dinamización dos nosos recursos e territorios. Contar co apoio de institucións como a Fundación Juana de Vega e ponentes de tan alto nivel como os hoxe congregados na Efa Piñeiral é fundamental para favorecer a formación non só do noso alumnado, senón de todos os profesionais do sector agroalimentario, que tan importante papel xogan nas nosas contornas e no seu desenvolvemento”, afirma pola súa parte Raquel Carregal, directora da Efa Piñeiral.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *