AD

Comarca

Emma Pérez e Candela Caamaño, de Ames, gañan o concurso Quero Cantar 2025

today7 abril, 2025

Fondo
share close
AD

O Teatro Colón da Coruña acolleu este domingo, 6 de abril, a final do concurso Quero Cantar 2025, organizado pola Deputación da Coruña. Por parte do Goberno municipal asistiu o alcalde, Blas García, que estivo acompañado da directora da Escola Municipal de Música de Ames, Pilar Martínez

Na categoría xuvenil gañaron Emma Pérez e Candela Caamaño coa canción “Preto de ti”. As dúas son amesás e alumnas da Escola Municipal de Música de Ames. Nesta mesma categoría quedaron no segundo posto Interestelares, de Cangas, coa peza “Vai calor”, mentres que a terceira posición foi para Wildfire, de Vigo, coa peza “Ladroas”

O alcalde e responsable da Escola Municipal de Música de Ames, Blas García, destaca que “en Ames temos moito talento e demostrámolo cada vez que saímos a fóra. Emma e Candela teñen un magnífico futuro por diante e son un orgullo para a nosa escola de música e para o noso concello”

Ames, 7 de abril de 2025.- O Teatro Colón da Coruña acolleu este domingo, 6 de abril, a final do concurso Quero Cantar 2025, organizado pola Deputación da Coruña. Na categoría xuvenil gañaron Emma Pérez e Candela Caamaño coa canción “Preto de ti”. As dúas son amesás e alumnas da Escola Municipal de Música de Ames. Nesta mesma categoría quedaron no segundo posto Interestelares, de Cangas, coa peza “Vai calor”, mentres que a terceira posición foi para Wildfire, de Vigo, coa peza “Ladroas”. Premendo nesta ligazón podes ver a actuación de Emma & Candela. O evento estivo presentado por Soledad Felloza e contou coa actuación de Daniela Montes, gañadora o ano pasado do certame na categoría xuvenil.

O Teatro Colón da Coruña encheuse este domingo para ver as bandas e solistas finalistas do concurso Quero Cantar 2025. O concello de Ames estivo representado por Emma Pérez e Candela Caamaño, alumnas da Escola Municipal de Música de Ames, que interpretaron o tema “Preto de ti”. O evento estivo presentado por Soledad Felloza e contou coa actuación de Daniela Montes, gañadora o ano pasado do certame na categoría xuvenil.

O certame está organizado pola Deputación da Coruña e contou coa participación da deputada responsable da área de Cultura, Natividade González, que é concelleira na Corporación municipal de Ames. Por parte do Goberno municipal asistiu o alcalde, Blas García, que estivo acompañado da directora da Escola Municipal de Música de Ames, Pilar Martínez.

O alcalde e responsable da Escola Municipal de Música de Ames, Blas García, destaca que “en Ames temos moito talento e demostrámolo cada vez que saímos a fóra. Emma e Candela teñen un magnífico futuro por diante e son un orgullo para a nosa escola de música e para o noso concello”.

Só dúas das seis propostas que competían na final podían acadar o primeiro premio e, no sentir do xurado, estas foron as de Emma & Candela e Gael Ares, gañadoras/es respectivamente nas categorías xuvenil e infantil da oitava edición do concurso de música Quero Cantar. Un xurado que, lembramos, nesta gala final estivo integrado por nenos e nenas e por mozos e mozas con formación musical e do mesmo abano de idade que as bandas e solistas seleccionadas para a final.

Emma & Candela

Deste xeito, Emma & Candela gañaron o certame coa peza “Preto de ti”.  Emma Pérez e Candela Caamaño son alumnas da Escola Municipal de Música de Ames, compuxeron a súa propia canción dentro das clases colectivas de «Escribe as túas propias cancións». Desde o primeiro momento, amosaron unha gran paixón pola música e unha motivación excepcional para crear algo propio.

Ao longo do proceso, exploraron ideas, experimentaron con letras e melodías, e conseguiron plasmar as súas emocións nunha canción orixinal. A súa creatividade e implicación foron fundamentais para dar forma a unha peza que reflicte a súa visión artística e evolución musical. Este proxecto permitiulles non só expresarse a través da composición, senón tamén reforzar a súa confianza e ilusión pola música. Esta peza, “Preto de ti”, reflicte a súa visión artística e evolución musical.

Interestelares e Wildfire

Nesta mesma categoría quedaron no segundo posto Interestelares, coa peza “Vai calor”. Interestelares é un grupo formado en Cangas do Morrazo por Loaira, Tomé, Martín e Leire, que na edición anterior do Quero Cantar xa conseguiron o segundo posto na categoría xuvenil. A amizade, compromiso social, amor pola lingua e cultura propias ou a natureza, son temáticas que inspiran a música da banda expresada no seu pop-rock. As súas primeiras actuacións públicas foron en eventos da zona como a Festa da Queimada do Hío, o Area e Folk de Vilariño e o festival Son do Nadal en Cangas. Son totalmente autónomos no proceso creativo e empregan sempre a lingua galega.

A terceira posición foi para Wildfire, de Vigo, coa peza “Ladroas”. WildFire, grupo rock con trazas do grunge e do metal, está formado por Uxía García Carneiro na voz, Nora Lora Castro na guitarra eléctrica, Maya Sáez Sandoval no teclado e Uxía Romero Yáñez na batería. Estas catro rapazas estudan 3º da ESO no IES Alexandre Bóveda de Vigo. Neste instituto coñecéronse e en 1º e 2º da ESO comezaron a tocar no club de música do instituto, un espazo onde aqueles estudantes con intereses musicais xúntanse e comparten vivencias en torno á música, dando concertos por colexios e institutos da zona.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *