AD

Comarca

Entradas para a Copa de Rei entre SD Negreira–Real Sociedad á venda dende o mércores

today13 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

A SD Negreira anunciou o inicio da venda de entradas para o encontro de Copa do Rei que enfrontará ao equipo coa Real Sociedad o vindeiro martes 28 de outubro no campo Jesús García Calvo.

Os socios e socias do club serán os primeiros en poder retirar as súas entradas de maneira anticipada os días 15 e 16 de outubro. O mércores poderán facelo os socios do número 1 ao 250, mentres que o xoves será a quenda dos socios do 251 ao 600.

A partir do venres 17 de outubro, as entradas sairán á venda para o público xeral, tamén no propio campo García Calvo.

Prezos e horarios de venda

Os socios e socias ao corrente de pago poderán adquirir unha entrada de Tribuna por 25 euros. En caso de querer máis entradas, poderán facelo a prezo de público xeral:

  • Preferencia: 40 €

  • Fondo: 30 €
    Os socios xuvenís contarán cun prezo reducido de 15 euros.

A venda desenvolverase no campo Jesús García Calvo en horario de mañá, de 10:30 a 13:00 h, e de tarde, de 19:00 a 21:30 h, tanto para socios como para público xeral.

Se algún socio non pode retirar a súa entrada no día correspondente á súa numeración, poderá facelo outra persoa socia, sempre que ambas estean ao corrente de pago e respectando a quenda establecida.

Pre-reserva de entradas

O club ofrece tamén a posibilidade de realizar unha pre-reserva de entradas, suxeita a dispoñibilidade. As persoas interesadas deberán contactar co club únicamente por WhatsApp no teléfono 641 060 935, indicando:

  • Número de entradas desexadas

  • Zona elixida (preferencia ou fondo)

  • Nome e apelidos

  • DNI

  • Lugar de procedencia

As entradas reservadas poderán recollerse o venres 17 de outubro (de 10:30 a 13:00 e de 19:00 a 21:00). O pago realizarase preferentemente en efectivo no momento da retirada, aínda que tamén se admite o pago anticipado por transferencia bancaria, coa opción de recibir as entradas por correo electrónico.

Máis información dispoñible en www.sdnegreira.es

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *