AD

Comarca

Esta é a programación cultural de Arzúa para este Nadal

today10 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

Arzúa, 10 de decembro de 2024.- O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa xa ten preparada a programación de Nadal 2024-2025 con diferentes propostas como concertos, teatro, maxia, actividades infantís e exposicións.

As actividades comezarán este venres, 13 de decembro, coa actuación musical de Colección Romántica na Capela da Madanela ás 20:30 h. Trátase dun dúo formado por David Taboada ao piano e a voz de Sergio Alba que farán unha coidada selección de temas, pensada para crear unha experiencia emocional inspirada pola musica. Unha viaxe máxica, onde se mima cada canción, para conectar co público a través de letras e melodías de mestres coma Silvio Rodríguez, Antonio Vega, Agustín Lara ou Salvador Sobral.

A partir do sábado 21 de decembro, coincidindo co inicio das vacacións escolares, a programación céntrase especialmente no público infantil e familiar. O sábado 21 a Capela da Madanela acollerá o espectáculo teatral Hugo da compañía Os Náufragos Teatro a partir das 18:00 h. e o xoves 26 será quenda para a maxia da man do Mago Paco co espectáculo A Maxia do Nadal na Casa da Cultura ás 18:00 h. Ademais, o día 2 de xaneiro a Casa de Correos acollerá unha xornada de xogos de mesa en galego para toda a familia en horario de 17:00 a 19:00 h.

A programación do Nadal tamén contará coa exposición Cicatriz de Elena Velasco e Iria Blanco. A mostra será inaugurada nun acto aberto ao público o xoves 26 de decembro ás 12:00 h. na Capela da Madanela e poderá visitarse ata o 15 de xaneiro en horario de 18:30 a 20:30 h. de martes a sábados, agás os días 31 de decembro e 1 de xaneiro que permanecerá pechada.

A programación tamén contará con actuacións musicais a cargo do Coro Gospel Soulful Voices o día 23 e da Rondalla Moraima o día 29, ambas actuacións levaranse a cabo na Casa da Cultura onde tamén o día 28 será representada a obra de teatro Bernarda de Malasombra Producións, unha proposta de gran calidade que acadou, entre outros, o galardón ao mellor espectáculo nos XXIV Premios María Casares.

A celebración por primeira vez en Arzúa de Astrogalicia completa unha proogramación cultural con actividades para todas as idades. Astrogalicia celebrarase na nosa vila os días 21 e 22 de decembro con obradoiros, charlas e accións encamiñadas a achegar a astronomía a todos os públicos.

O 5 de xaneiro a programación de Nadal pecharase coa Cabalgata de Reis. Os Reis Magos realizarán o clásico percorrido pola vila dende a Casa da Cultura ata o Multiusos Terra do Queixo, acompañados de animación, agasallos e moitas sorpresas. A saída da comitiva será ás 17:30 h. e rematará coa recepción a todas as nenas e nenos por parte das Súas Maxestades.

O concelleiro de cultura, José Luís García, convida a toda a veciñanza e visitantes a desfrutar desta programación coa que “quixemos asegurarnos de programar actividades diversas e accesibles para todos e todas, co fin de que toda a veciñanza se sinta incluída e motivada a participar e desfrutar dun ambiente festivo e acolledor”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%