AD

Comarca

Este mércores comeza en Ames a semana da música pola Santa Icía

today19 noviembre, 2024

Background
share close
AD

O Concello de Ames lanza un novo programa cultural para este mes de novembro: unha programación que recolle actividades musicais e un espectáculo de danza relacionados coa celebración da patroa dos músicos

Do 20 ao 24 de novembro o concello encherase de música con distintas propostas. O xoves 21, ás 20:30 horas, o músico Luis Fercán chegará coa súa xira “Postales perdidas” á Casa da Cultura de Bertamiráns

A primeira cita do programa será mañá na Casa da Cultura do Milladoiro, onde a Escola Municipal de Música de Ames ofrecerá un concerto ás 19:00 horas

Ames, 19 de novembro de 2024.- O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, impulsou unha programación cultural específica para a celebración da Santa Icía, que recolle actividades musicais e un espectáculo de danza. A primeira cita do programa será mañá na Casa da Cultura do Milladoiro, onde a Escola Municipal de Música de Ames ofrecerá un concerto ás 19:00 horas. O xoves 21, ás 20:30 horas, o músico Luis Fercán chegará coa súa xira “Postales perdidas” á Casa da Cultura de Bertamiráns.

O Concello de Ames lanza un novo programa cultural para este mes de novembro: unha programación que recolle actividades musicais e un espectáculo de danza relacionados coa celebración da patroa dos músicos. Desde xeito, co gallo da Santa Icía, do 20 ao 24 de novembro o concello encherase de música con distintas propostas. As entradas e convites para os espectáculos poden adquirirse a través da Billeteira electrónica.

A oferta cultural da semana da música está integrada principalmente por talentos musicais afincados no concello. Deste xeito, pasarán polos dous auditorios municipais figuras consolidadas como Luis Fercán ou Héctor Rial, estrelas emerxentes como Anxo Gómez, alumnado da Escola Municipal de Música de Ames ou agrupacións de música tradicional como as Pandeireteiras da Costaneira ou a coral polifónica de Bugallido.

Santa Icía 2024

A programación comeza mañá, mércores 20 de novembro, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro co concerto dos combos e agrupacións da Escola Municipal de Música de Ames.

Ao día seguinte, o xoves 21, ás 20:30 horas, o músico Luis Fercán chegará coa súa xira “Postales perdidas” á Casa da Cultura de Bertamiráns.

O venres 22 volverá a Ames o show de tango “Azúcar, pimienta y sal”, no que o cantor d tango Héctor Rial actuará acompañado de cantantes, bailaríns e músicos referentes do mundo do tango. A proposta conta cun amplo repertorio no que se conxugan tangos, valses e milongas de onte, hoxe e sempre, ao que se suman bailaríns, abarcando así todas as expresións deste xénero musical.

Xa durante a fin de semana, o sábado 23 de novembro, ás 19:00 horas, a coral de Bugallido organiza un concerto no auditorio de Bertamiráns no que actuarán xunto co coro de Pais Conservatorio de Música de Maia e as pandereteiras da Costaneira.

A celebración da Santa Icía rematará cunha velada violinística o domingo 24, ás 19:00 horas, no auditorio de Bertamiráns. Nela actuará o violinista Anxo Gómez Piñeiro acompañado ao piano de Haruna Takebe.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%