Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 julio, 2025
Un incendio declarado este mediodía no polígono industrial da Picaraña, en Padrón, afectou a dúas naves da empresa Transportes Rarís. O lume, que se iniciou arredor das 15:20 horas, xa foi extinguido e, segundo confirmaron as autoridades, non houbo que lamentar danos persoais.
No interior dunha das naves había elevadores, camións, coches, rodas e tanques de AdBlue, o que obrigou a mobilizar un amplo operativo de emerxencia. Interviron os bombeiros do parque comarcal de Boiro (SPEIS), o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Padrón, Protección Civil, a Policía Local, Augas de Galicia, persoal de Medio Ambiente, Sogarisa e foron prealertados tamén os bombeiros de Ribeira.
As causas do incendio están a ser investigadas. A rápida actuación dos servizos de emerxencia evitou que o lume se propagase a máis instalacións do polígono.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)