Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 diciembre, 2025
O programa Fala que Fala de Radio Líder, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, fará parada este xoves 11 de decembro en San Cristovo de Cea (Ourense) para emitir unha edición especial desde o CPI Virxe da Saleta.
Esta cita chega despois de que o primeiro programa da tempada se emitise recentemente desde o IES Luís Seoane de Pontevedra, dando inicio a un novo percorrido por centros educativos de toda Galicia coa lingua galega como protagonista.
De 10:00 a 12:00 horas, o centro educativo converterase nun verdadeiro punto de encontro para a celebración da lingua galega, cunha programación dinámica que combinará entrevistas, música, divertidos xogos e unha ampla participación do alumnado. O galego será o fío condutor dunha mañá pensada para gozar, compartir e poñer en valor o noso idioma.
Entre os convidados destacados estará o escultor ourensán Acisclo Manzano, que achegará a súa visión artística e cultural nun diálogo directo co alumnado, poñendo en relación a creación, a identidade e a lingua.
Fala que Fala continúa así o seu percorrido por distintos puntos de Galicia, consolidándose como un proxecto de referencia na promoción e no prestixio do galego entre a xente nova.
O evento conta coa colaboración de Seguridade A1, Daveiga e Dezasete Media.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)