Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Xoves, 5 febreiro, 2026.- Ao fío das 11 horas deste xoves, o 112 Galicia tivo constancia dun accidente laboral no lugar do Couto, na parroquia de Refoxos (Silleda), a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo a información recibida, un home de avanzada idade quedara atrapado por unha máquina de polos.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a intervención da Garda Civil e da Policía Local de Silleda.
As persoas que se atopaban no lugar conseguiron liberar ao afectado antes da chegada dos servizos de emerxencias, mais os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)