Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Recolleuno unha embarcación despois de que un garda rural dera a voz de alarma a través dunha chamada ao 112 Galicia.
Unha comunicación que se produciu preto deste mediodía, xunto coa alerta doutro particular. Coincidían en que sacaran un mergullador da auga e que o estaban metendo nunha embarcación con rumbo ao Porto do Corgo, no Grove.
Malia aos esforzos do equipo médico e dos membros do servizo municipal de Protección Civil do Grove, nada puideron facer por salvar a vida deste mergullador, que entrou en parada cardiorrespiratoria.
Por parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, enviaron á zona unha dotación a bordo do helicóptero con base en Santiago, que tamén participou nas labores de reanimación sen éxito.
No operativo colaboraron os axentes da Policía Local e, desde o 112 Galicia, informouse a Salvamento Marítimo sen que houbese xa tempo para a mobilización destes recursos.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)