Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Un veciño de 65 anos perdeu a vida na noite de onte nun accidente de tráfico rexistrado na estrada DP-3301, á altura do quilómetro 1, no concello de Rianxo.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 21:35 horas, tras recibir o aviso dun particular que alertaba de que a persoa que se atopaba no interior do vehículo semellaba estar inconsciente. De inmediato, o centro de emerxencias mobilizou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.
Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron que o condutor se atopaba falecido e atrapado no interior do vehículo, polo que foi necesario empregar material de excarceración para proceder á súa liberación. Segundo informaron os Bombeiros, todo apunta a que o turismo colisionou inicialmente coa entrada dun garaxe e, posteriormente, contra unha farola.
O Concello de Rianxo expresou o seu fondo pesar polo falecemento de Francisco Rubio Vicente, concelleiro da Corporación Municipal na lexislatura pasada polo Partido Popular.
Desde o goberno local trasladaron as súas condolencias á familia e persoas achegadas, acompañándoas neste momento tan difícil e facéndolles chegar todo o seu cariño e apoio.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)