Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today12 noviembre, 2024
Imagen: De izquierda a derecha: Xosé García Lapido, Eduardo Otero González, Enrique Basadre y José Manuel Cortizo, quienes fueron concejales en la Corporación de 1979.
Padrón. 12-11-2024.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, vén de asinar un decreto declarando un día de loito oficial no municipio polo pasamento de Eduardo Otero González, que se convertera no primeiro alcalde democrático trala ditadura franquista tras gañar as eleccións municipais de 1979. As bandeiras da casa consistorial ondean a media hasta.
Eduardo Otero finou este 12 de novembro aos 77 anos de idade. “O pobo de padrón rende neste día de loito oficial unha merecida homenaxe ao seu primeiro alcalde tras a restauración da democracia e agradece a súa contribución á prosperidade e mellora da calidade de vida no noso municipio”, destaca o decreto.
En nome da Corporación e de todo o pobo de Padrón, Anxo Arca trasladoulle as condolencias á familia de Eduardo Otero e as súas amizades.
Co decreto asinado esta mañá por Anxo Arca faise un “recoñecemento ao esforzo e dedicación” de Eduardo Otero “como servidor como servidor público nun momento transcendental para a nosa democracia. Padrón avanzou da súa man con ilusión cara a normalidade democrática tras a cruenta ditadura franquista, iniciando unha nova etapa de liberdade e convivencia pacífica entre iguais froito da capacidade de moitos e moitas por acadar consensos. Unha capacidade que ten como máximo expoñente a consecución da aprobación da Constitución de 1978 que nos permitiu experimentar a maior etapa de paz, estabilidade e progreso da nosa historia”.
Eduardo Otero González converteuse no primeiro alcalde democrático de Padrón ao gañar as eleccións municipais celebradas en 1979, encabezando a candidatura de UCD. Foi alcalde ata 1983 e logo continuou dúas lexislaturas máis como concelleiro.
“Con Eduardo Otero o noso pobo viviu con ilusión a recuperación da democracia e os inicios dunha nova etapa de convivencia entre iguais”, asegurou o alcalde, Anxo Arca.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)