AD

Actualidad

Familias do IES de Brión ameazan con peches pola falta de recursos

today2 junio, 2025

Fondo
share close
AD

As familias do IES de Brión denuncian promesas incumpridas e ameazan con peches se non se atenden as necesidades educativas

A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA Pedra Viada) do IES de Brión fixo pública a súa preocupación pola grave falta de recursos que sofre o centro, especialmente nun contexto no que case o 60% do alumnado presenta Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE).

Segundo denuncia a directiva da ANPA, a Consellería de Educación non está a proporcionar os medios mínimos necesarios para garantir unha atención digna e eficaz a este alumnado. Actualmente, o centro conta unicamente con 2,5 especialistas a tempo parcial, cifra que cualifican de «absolutamente insuficiente».

As familias lembran que xa hai un ano mantiveron unha reunión co departamento de Recursos Humanos da Consellería, na que se lles prometeron reforzos que nunca chegaron. Esta falta de cumprimento, advirten, agrava a situación e mina a confianza na administración.

A ANPA alerta dunha tendencia crecente nas necesidades educativas do alumnado e subliña que o propio instituto non pode suplir a ausencia de medios. Por iso, solicitan formalmente:

  • A dotación de dúas prazas completas e estables de Pedagoxía Terapéutica durante todo o curso.
  • A recuperación inmediata dunha persoa a tempo completo para reforzo educativo.
  • A incorporación dun segundo profesional no servizo de orientación.

As familias insisten en que estas medidas «non son negociables», pois resultan imprescindibles para garantir unha educación inclusiva e de calidade. Ademais, advirten que, se non se dá unha resposta inmediata, están dispostas a tomar medidas contundentes, incluído o peche no centro educativo, para defender os dereitos do alumnado.

«Non imos permitir máis promesas baleiras nin a vulneración dos dereitos dos nosos fillos e fillas», conclúen no comunicado.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *