AD

Actualidad

Festa de Entroido en Lousame na tarde do sábado 10 de febreiro

today1 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Haberá obradoiros, xogos, inchables e degustación de chocolate con churros, orellas e filloas. Inscricións de balde en bandoticket

1 febreiro de 2024.- O polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra acollerá o vindeiro sábado 10 de febreiro o tradicional Festival de Entroido do Concello de Lousame, que se desenvolverá entre as 17:00 e as 20:30 horas. A festa será amenizada este ano por Moc Moc, un clown musical que tamén traballa outras disciplinas tales como os malabares, a maxia e a música, a través dunha disco móbil.

No polideportivo haberá obradoiros de Entroido, xogos variados e inchables para os máis pequenos da casa, así como degustación gratuíta de orellas, filloas e chocolate con churros para todas as persoas que asistan. Así mesmo, repartiranse caramelos entre todos os nenos e nenas que acudan disfrazados. As familias que desexen participar deberán inscribirse gratuitamente en bandoticket.com.

Un ano máis, e van xa oito seguidos, non haberá concurso de disfraces, que será substituído por un divertido desfile de disfraces. “Queremos que sexa unha actividade familiar, onde a xente participe e desfrute da festa, sen ter que andar pendentes dos premios do concurso nin dos cartos que cada un gasta no disfrace”, explica a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo.

Para facilitar o acceso, o Concello de Lousame vai empregar o mesmo sistema utilizado no Festival de Reis: dirección única con entrada pola Fonte do Redullo e saída polo CPI Cernadas de Castro. Así, os pequenos poden quedar na festa mentres a persoa adulta aparca nunha das tres zonas dispoñibles na contorna: entrada do colexio, no campo vello de fútbol de Cruído ou na propia subida do Redullo (carril dereito).

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%