Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
María Rozas puxo en valor as potencialidades dos deportes urbanos “para xerar comunidae entre os mozos e mozas, para que reivindiquen a súa identidade e para que se sinta máis protagonista e donan dos espazos públicos da súa cidade”. Na rolda de prensa tamén participaron Pablo Castiñeiras, de Vella Escola; Alberto Muíño, de Cultura Urbana; e Carlos Gil, de Skate Escola, que participan na organización do evento. Os tres incidiron en que os deportes urbanos son unha alternativa para que os mozos e mozas socialicen e desfruten ao aire libre, con propostas de ocio saúdable, e que xeran interesantes dinámicas colaborativas
Parkour Skills Challenge
A primeira das citas, o 7 de xuño, será o “Parkour Skills Challenge”, unha xornada dirixida tanto ás persoas xa especializadas nesta disciplina urbana como a todas aquelas, a partir dos 10 anos, que queiran iniciarse na práctica do parkour.
O evento desenvolverase na Praza Roxa, onde quedará instalada unha estrutura especialmente deseñada para a práctica do parkour. En horario de mañá celebraranse obradoiros de iniciación ao parkour, e pola tarde terá lugar o denominado “Skills Challenge”, unha competición baseada en diferentes probas de habilidade, na que se terán en conta cuestións como a fluidez creativa ou a velocidade. Así, os e as participantes deberán superar diferentes retos completando movementos ou combinacións predefinidas, nalgúns caos respectando límites de tempo, número máximo de intentos ou outro tipo de condicións específicas.
O Skills Challenge é un tipo de evento moi valorado dentro da comunidade do parkour porque representa fielmente os fundamentos desta disciplina: eficiencia, control e adaptabilidade ante desafíos físicos da contorna urbana ou natural.
Compostela Skate
Un día despois do evento de Parkour, o domingo 8 de xuño celebrarase na Praza da Constitución a quinta edición do “Compostela Skate”, desde as 11 da mañá ás 21 horas da noite.
A actividade central da xornada será un campionato de skate na modalidade de “Street”. Trátase da modalidade máis recoñecible e estendida do skate, que ten lugar en contornas urbanas ou en pistas que simulan elementos cotiás da rúa como escaleiras, repisas, varandas, bordos ou bancos. No campionato disputaránse dúas categorías: Sub15, en horario de mañá, e Open, en horario de tarde.
O “Compostela Skate” fíxase como obxectivos, alén da parte competitiva da xornada, promover o deporte, a convivencia e ocio saúdable entre os mozos e mozas. Este evento regresou a Santiago o ano pasado, despois de dez anos sen terse celebrado, e utilizando as instalacións da Praza da Constitución acondicionadas expresamente para a práctica do skate.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)