AD

xuventude

21 Resultados / Página 1 de 3

Fondo
AD

Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

A segunda edición de Fala que Fala, o proxecto educativo e multimedia impulsado por Radio Líder coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, pechouse este mércores na Cidade da Cultura de Galicia cunha gran gala na que participaron preto de 600 alumnas e alumnos de oito centros educativos galegos. O evento, celebrado no Edificio Fontán, converteuse nunha auténtica festa da lingua galega, da creatividade e da música feita pola mocidade. Durante o acto, o alumnado dos diferentes institutos e colexios […]

today28 mayo, 2026

Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

  A segunda tempada do proxecto educativo e multimedia impulsado por Radio Líder e a Secretaría Xeral da Lingua remata este mércores cun acto que reunirá alumnado de toda Galicia na Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela, 25 de maio de 2026.- Máis de 500 alumnas e alumnos de oito centros educativos galegos participarán este mércores, 27 de maio, na gala de clausura da segunda edición de Fala que Fala, o proxecto educativo e multimedia promovido por Radio […]

today25 mayo, 2026

Destacado

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”

O titular de Cultura, Lingua e Xuventude destaca a eclosión creativa da mocidade, aposta pola descentralización cultural e defende o diálogo institucional en proxectos clave como a Ribeira Sacra ou o patrimonio compostelán O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos, asegurou durante a súa primeira visita aos estudos de Radio Líder Santiago que Galicia vive “un momento extraordinario no ámbito cultural”, marcado por unha forte irrupción de novos creadores e pola consolidación dunha […]

today27 abril, 2026

Actualidad

Concertos, talleres de costura ou cursos de reparación: a mocidade decide en que gasta Raxoi 100.000 €

María Rozas destaca o éxito dos orzamentos participativos e defende ampliar os mecanismos de participación cidadá na cidade A concelleira de Xuventude de Santiago, María Rozas, defendeu o papel activo da mocidade nas políticas públicas da cidade durante unha entrevista na que abordou o funcionamento dos orzamentos participativos de xuventude, unha iniciativa que permite que mozos e mozas de entre 16 e 30 anos decidan directamente o destino dunha parte do orzamento municipal. A responsable municipal destacou que esta ferramenta […]

today12 marzo, 2026

Actualidad

Comeza a fase de votación nos Orzamentos Participativos da Concellaría de Xuventude

Os mozos e mozas de Santiago xa poden elixir desde hoxe o destino de 100.000 euros do presuposto da Concellaría de Xuventude, no marco dos Orzamentos Participativos. A concelleira María Rozas deu conta do inicio da fase de votación das propostas, que se prolongará ata o próximo 16 de marzo a través da web decide.santiagodecompostela.gal. Na fase de votación dos Orzamentos Participativos poden participar os mozos e mozas nacidos entre 1996 e 2010, que estean empadroadas, estuden ou traballen en Compostela. […]

today16 febrero, 2026

Actualidad

O PP de Santiago denuncia “a falta de rumbo na política de xuventude” de BNG e CA

• Borja Rubio reclamou a posta en marcha inmediata dun Plan Municipal de Xuventude participativo, transversal e ambicioso, con accións concretas en emprego, lecer, cultura, vivenda, formación e voluntariado, os nacionalistas falan moito da mocidade, pero non fan nada". • Asegurou que “o goberno local prefire facer un acto conxuntural que sentar as bases dun proxecto de cidade para a mocidade, mentres tanto, os barrios seguen sen programación, sen acompañamento e sen presenza municipal que escoite ou active a xuventude". […]

today24 agosto, 2025

Actualidad

Fin de semana dedicada ao parkour e ao skate en Santiago

María Rozas puxo en valor as potencialidades dos deportes urbanos “para xerar comunidae entre os mozos e mozas, para que reivindiquen a súa identidade e para que se sinta máis protagonista e donan dos espazos públicos da súa cidade”.  Na rolda de prensa tamén participaron Pablo Castiñeiras, de Vella Escola; Alberto Muíño, de Cultura Urbana; e Carlos Gil, de Skate Escola, que participan na organización do evento. Os tres incidiron en que os deportes urbanos son unha alternativa para que […]

today21 mayo, 2025

Actualidad

Atención Santiago: últimos días para votar nos Orzamentos Participativos de Xuventude

O próximo luns, 24 de marzo, remata o prazo para votar nos Orzamentos Participativos na área de Xuventude, nos que os mozos e mozas poden decidir o destino de 100.000 euros do presuposto municipal. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, fixo unha chamada á participación, para elixir entre o máis dun cento de propostas presentadas nesta edición do programa Compostela Decide. Na fase de propostas dos Orzamentos Participativos de Xuventude recolléronse un total […]

today20 marzo, 2025

AD