AD

Comarca

Frades abre inscricións no concurso de disfraces de Entroido con 1.200 euros en premios

today5 febrero, 2025

Fondo
share close
AD

As inscricións poden realizarse no Concello ata o 28 de febreiro

5 de febreiro de 2025.- Un ano máis, o Concello de Frades abre o prazo para inscribirse no seu tradicional concurso de disfraces, que se celebrará o domingo 2 de marzo no pavillón municipal de Ponte Carreira, a partir das 17:00 horas. A participación está aberta a persoas de todas as idades e as inscricións poden realizarse ata o 28 de febreiro ás 13:00 horas no Concello, tanto de xeito presencial como telemático. Repartiranse un total de 1.205 euros en premios. As persoas participantes poderán recoller os seus dorsais no propio pavillón de Ponte Carreira o día do concurso a partir das 16:30 horas.

O concurso conta con dúas categorías: infantil (ata 14 anos) e adultos (máis de 14 anos); e dúas modalidades en cada unha: individual (1 ou 2 compoñentes) e grupos (máis de dous compoñentes).

Na categoría infantil outorgaranse premios de 60 e 30 euros para os dous mellores disfraces individuais, e de 10, 60 e 30 para os tres mellores grupos. Pola súa banda, na categoría de adultos, a modalidade individual contará con dous premios de 100 e 50 euros, mentres que a de grupo terá un primeiro premio de 300 euros, un segundo de 150, e un terceiro de 75.

Como en anos anteriores, tamén haberá premios especiais aos mellores disfraces individuais ou grupos de Frades de 125, 75 e 50 euros para aqueles que non foran premiados noutra categoría. Ademais, ao longo da tarde, haberá unha gran festa de animación con xogos, inchables, mascotas, música, obradoiros para toda a familia, fotomatón e unha chocolatada con rosca.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *