AD

Comarca

Frades celebra unha primeira Festa Pre Fin de Ano

today29 diciembre, 2025

Fondo
share close
AD

29 de decembro de 2025.- Algo máis de trinta veciños e veciñas participaron na primeira Festa Pre Fin de Ano organizada polo Concello de Frades. O centro sociocomunitario de Ponte Carreira acolleu na tarde de onte domingo unha das súas tradicionais “Tardes de Baile” con música en directo e que foi aproveitada para realizar unha Festa Prebadaladas.

A festa comezou ás 19:00 horas cunha sesión de baile coa música en directo do “Trío Reynamar”, que deu paso a unha chocolatada e unha Festa Prebadaladas na que non faltaron as doce uvas da sorte e o brinde final con champán. Unha festa na que a veciñanza estivo acompañada polos concelleiros de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, e de Cultura, Juan Carlos Portos Bra.

O programa de Nadal do Concello de Frades continúa co seu primeiro Concurso de Decoración de Nadal, dirixido tanto a vivendas como a negocios, que deberán presentar as súas propostas antes do 31 de decembro. Para participar só teñen que enviar un vídeo ou 4 fotografías da decoración exterior da vivenda ou negocio ao mail biblioteca.municipal@frades.gal. Entre os participantes entregaranse cestas de produtos de Nadal.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *