AD

Comarca

Frades celebrará un festival de maxia o 21 e 22 de setembro en Ponte Carreira

today10 septiembre, 2024

Background
share close
AD

O Concello de Frades, en colaboración coa Mancomunidade de Ordes e a Xunta de Galicia, organiza a primeira edición do Festival de Maxia Concello de Frades. Terá lugar na praza pública de Ponte Carreira o sábado 21 e o domingo 22 de setembro, coincidindo coa celebración da terceira edición da Festa Rural.

O I Festival de Maxia Concello de Frades arrincará ás 20:00 horas do sábado cunha gala inaugural na que actuarán os magos Samuel Moreno, Roberto Lolo e Mago Iago. Un día despois, ás 12:00 horas, terá lugar o show familiar “2 mejor que uno”, dirixido a un público infantil. E a partir das 14:00 horas, espectáculo de maxia de cerca da man dos magos Samuel Moreno e Roberto Lolo, antes do xantar popular da III Festa Rural.

Mercado de artesanía

O Concello de Frades traballa estes días no peche da programación definitiva da III Festa Rural, para a que xa está aberta a inscrición no mercado de artesanía, que estará aberto o 21 e 22 de setembro na praza pública de Ponte Carreira. A participación é totalmente de balde, se ben os artesáns interesados en tomar parte da iniciativa deberán anotarse a través do WhatsApp: 699 639 700.

Agárdase que neste mercado de artesanía participen unha vintena de postos de cestos, coiro, madeira, xoiería, maquetas… e mesmo que algúns dos artesáns fagan demostracións da súa arte en directo ou incluso degustacións dos seus produtos, tal e como ten acontecido en edicións anteriores.

 

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%