AD

Comarca

Frades suspende a cabalgata por Ponte Carreira e mantén a Festa de Reis no polideportivo

today3 enero, 2025

Fondo
share close
AD

3 de xaneiro de 2025.- O Concello de Frades anuncia a suspensión da cabalgata de Reis prevista para a tarde deste domingo 5 de xaneiro polas rúas de Ponte Carreira así como o canón de neve. Unha decisión tomada ante as malas previsións meteorolóxicas, que avisan de choivas con posibles refachos de vento para esa xornada, polo que o Concello opta por suspender as dúas actividades previstas ao aire libre e incrementar as iniciativas e o horario da gran Festa de Reis no polideportivo municipal.

Así, a Festa de Reis adianta media hora o seu inicio e atrasa noutra media hora a súa fin, desenvolvéndose entre as 16:30 e as 20:30 horas. No polideportivo terá lugar a tradicional recepción a Melchor, Gaspar e Baltasar, que escoitarán as últimas peticións da rapazada e repartirán lambonadas.

Paralelamente haberá inchables, animación musical, bailes, xogos, obradoiros, varias mascotas, pintacaras, máquina de flocos de millo… A Festa de Reis rematará cunha degustación de balde de chocolate con roscón para todas as persoas asistentes. A participación é libre e de balde, sen que sexa preciso ningún tipo de inscrición previa.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%