AD

Destacado

Galicia, sen marisco? Os expertos alertan do declive por culpa do cambio climático

today18 junio, 2025

Fondo
share close
AD

 

Na actualidade o sector dá emprego a unhas 4000 persoas, cun volume de vendas duns 160 millóns de euros ao ano

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025 (Vía Láctea Comunicación).- A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Deputación da Coruña, está a celebrar o ciclo “Velando pola nosa relación co mar. Os mares dannos vida”. A derradeira xornada terá lugar mañá xoves, 19 de xuño, na facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, das 16:30 ás 20:30 horas. Tamén pode seguirse en directo a través da canle de Youtube da RAGC. Á presentación asistirán o decano da facultade, Jesús López Romalde; e os coordinadores do ciclo: os científicos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo Fiz Fernández -académico da RAGC- e Miguel Gil.

Nesta sesión afondarase na relevancia de cultivar o mar e no valor das rías como sustento alimentario. Nesta liña, tal como salientan os coordinadores, Galicia conta cun importante sector acuícola, que dá emprego a unhas 4000 persoas -aproximadamente o 65% da masa laboral acuícola en España- e un volume de vendas duns 160 millóns de euros ao ano. “Achegaremos os desafíos que afronta o marisqueo nas rías, ante as perturbacións ambientais provocadas polo cambio climático. Explicaremos as vantaxes de introducir o mexillón na dieta e como unha boa planificación da economía azul axuda a desenvolver vías sostibles e equitativas para todos” -indican-.

O mexillón, a “infravalorada dieta milagrosa”

O biólogo mariño Xabier Irigoien, científico do centro de investigación mariña e alimentaria AZTI do País Vasco, falará sobre a “infravalorada dieta milagrosa” que representa o mexillón. Asegura que a súa produción supón un impacto mínimo para o planeta. Así, destaca que “en su producción, el impacto en emisiones de CO2 por tonelada de proteína producida es insignificante, debido a que filtran su alimento directamente del agua, sin necesidad de alimentación suplementaria, lo que reduce significativamente la huella de carbono asociada a su cultivo, al tiempo que ayudan a controlar la contaminación del agua”.

Desde o punto de vista nutricional, o experto apunta que os mexillóns son unha das fontes de proteínas máis saludables e tamén de ácidos graxos esenciais como os omega-3. “Estos ácidos grasos son muy beneficiosos para la salud cardiovascular, ayudan a reducir la inflamación, mejoran la función cerebral y disminuyen el riesgo de enfermedades crónicas. Además, los mejillones son ricos en vitaminas y minerales, incluyendo vitamina B12, hierro, zinc y selenio, todos ellos esenciales para el correcto funcionamiento del organismo” -afirma-.

“A pesar de todos estos beneficios nutricionales y de su sostenibilidad ambiental, el mejillón no recibe el reconocimiento adecuado, merece ser mucho más valorado y promovido. Incorporar mejillones en nuestra dieta no sólo es una elección inteligente para nuestra salud, sino también una decisión responsable para el bienestar del planeta” -manifesta-.

Os desafíos do marisqueo nas rías galegas ante o cambio climático

A catedrática de Zooloxía da Universidade de Vigo Elsa Vázquez, decana da facultade de Ciencias do Mar, centra o seu labor investigador en facer do marisqueo unha actividade sostible. Afondará nos desafíos do marisqueo ante o cambio global. Así, segundo a experta, os eventos climáticos extremos, como as vagas de calor ou as precipitacións torrenciais, están a ter un impacto crecente nas especies marisqueiras, especialmente nas que habitan na zona intermareal, como é o caso do berberecho e as ameixa fina, babosa e xaponesa.

“Existen rexistros documentados de episodios de elevada mortalidade en zonas das Rías Baixas asociados a fortes choivas dende o ano 2000, os cales se traduciron en perdas económicas significativas. Os efectos destes fenómenos non se limitan á mortalidade directa, senón que tamén inclúen consecuencias subletais como o incremento do gasto enerxético derivado da activación das respostas fisiolóxicas de defensa, que reduce o potencial de crecemento e a capacidade reprodutiva destas especies” -indica-.

A experta manifesta que “os efectos dos eventos extremos están a condicionar xa a produtividade dos bancos marisqueiros galegos e poñen en xaque a súa viabilidade. Esta situación, imposta polo cambio climático, representa un reto significativo para o sector, que deberá adoptar medidas adaptativas como a monitorización de parámetros ambientais (temperatura, salinidade) nos bancos marisqueiros; o desenvolvemento de modelos de alerta temperá que apoien a toma de decisións; a mellora na recollida de datos sobre os stocks, distinguindo entre mortalidade natural e por extracción; a diversificación das especies explotadas para reducir riscos; e a protección efectiva dos hábitats fronte á contaminación e á presión humana. Tamén resulta esencial a creación e xestión eficaz de reservas mariñas e outras figuras de protección, que poidan actuar como fontes de larvas”.

O océano como motor do desenvolvemento sostible

O investigador da Universidade de Santiago Sebastián Villasante foi nomeado recentemente membro da Comisión da Terra para o estudo dos sistemas mariños e os límites planetarios seguros e xustos. Tratará a economía azul como motor de desenvolvemento sostible, facendo fincapé no potencial de beneficios económicos, sociais e de saúde que o mar pode proporcionar á humanidade; así como nos conflictos que poden xurdir entre as diferentes actividades que se desenvolven no mesmo.

O experto apunta que “a medida que a demanda de recursos medra e as fontes terrestres diminúen, aumentan as expectativas de que o océano actúe como motor do desenvolvemento. A magnitude, intensidade e diversidade da explotación de recursos e espazos mariños non ten precedentes, caracterizándose este século por promover as actividades tradicionais (pesca, marisqueo, acuicultura, transporte marítimo, turismo) e emerxentes (enerxía mariña, biotecnolóxia, minería mariña) nos océanos. Así, nas vindeiras décadas a economía oceánica medrará máis rápido que a global, alcanzando en 2030 os 3 billóns de dólares”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *