AD

Comarca

Gandeiros e Concello chegan a un acordo para atravesar co seus tractores por Bertamiráns

today27 enero, 2025

Fondo
share close
AD
  • Modificarase a sinalización R-111 para preservar a zona de preferencia peonil e desbloquear outras vías
  • Só poderán circular pola Améndoa os vehículos autorizados pola Policía Local que non teñan alternativa

Ames, 27 de xaneiro de 2025.-  Concello e gandeiros chegan a un acordo para a limitación de vehículos agrícolas na Améndoa Central. Esta xuntanza mantívose hoxe no salón de Plenos da Casa do Concello de Ames entre o alcalde, Blas García, o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, a Policía Local e gandeiros afectados. O acordo acadado manterá as restricións na Améndoa Central, aínda que contemplará excepcións para aqueles profesionais que carezan de alternativa de paso.

O proposta remitida polo Concello de Ames e posteriormente aceptada fundaméntase en tres puntos principais: preservar a Améndoa Central, núcleo do centro urbano de preferencia peonil no que se garantirá a seguridade das persoas; cambio da sinais R-111 facilitando o acceso a vehículos agrícolas dende a rúa Alcalde Lorenzo a rúa Xunqueira, Avenida da Maía ata a rotonda que deriva na Avenida da Peregrina, e Avenida da Maía dirección Brión dende Travesía de Fontaldeiro; expedir permisos temporais ou puntuais dende a Policía Local, no caso de non existir viarios alternativos para o paso de vehículos agrícolas ás fincas.

O alcalde Blas García destacou a importancia dun acordo que fai posible a convivencia da seguridade peonil e da actividade agrícola: “Dende un primeiro momento mantivémonos abertos a recoller propostas e facer cambios, o que se transmitiu en todo momento é que de ningunha maneira se ía a regresar á situación anterior. Creo que este é un acordo que nos satisfai a todos e todas”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *