AD

Actualidad

Gonzalo Louzao: “A Rapa das Bestas é unha festa ancestral que chegou ata nós practicamente intacta”

today3 julio, 2025

Fondo
share close
AD

O alcalde Gonzalo Louzao salienta a importancia patrimonial, social e emocional dunha das festas máis internacionais de Galicia.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, conversou con Álvaro Veiga en Radio Líder Santiago sobre a inminente celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo, unha das festas máis emblemáticas de Galicia que este ano dá un paso máis no seu recoñecemento institucional: foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC). Esta distinción supón “a protección de máximo nivel” para a tradición, o entorno e a cultura asociados a esta celebración. “É unha das festas máis antigas e importantes que chegou ata nós practicamente intacta”, subliñou Louzao.

O rexedor destacou o papel esencial da veciñanza: “Os veciños e veciñas de Sabucedo fan que a Rapa sexa algo máis ca unha festa: é unha forma de vida, unha forma de entender a nosa cultura”. Tamén puxo en valor o traballo diario da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, que coida os animais e o monte durante todo o ano. O evento, que terá lugar entre o 4 e o 7 de xullo, incluirá a tradicional baixada das bestas, os curros e unha programación paralela chea de música, gastronomía e convivencia.

A parroquia de Sabucedo, que conta con apenas 40 habitantes durante o ano, agarda a chegada de miles de visitantes: “Non podo dicir corenta mil, pero si moitos milleiros”, afirmou Louzao. “Sabucedo convértese na casa de todos, cun pobo amable e humilde que sempre ten as portas abertas”, engadiu. A Rapa non é só espectáculo, senón tamén un vínculo ancestral entre o ser humano e o animal, cun profundo respecto e coidado, tanto espiritual como veterinario.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *