AD

Actualidad

Gonzalo Muíños alerta sobre o incremento de “situacións conflitivas” no barrio da Choupana

today3 febrero, 2025

Fondo
share close
AD
  • Aínda que recoñece que este é “un problema que vén de atrás”, o portavoz socialista advirte dun “incremento alarmante do número de persoas drogodependentes que consumen na contorna do CHUS” nas últimas semanas

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2025. As veciñas e veciños de Santa Marta e, particularmente, do barrio da Choupana, veñen denunciando nas últimas semanas un incremento “alarmante” do número de persoas drogodependentes que consumen na contorna do CHUS. Unha situación que, recoñece o portavoz socialista, “vén de atrás” pero que se ten agravado nos últimos tempos.

Gonzalo Muíños reclama así a convocatoria de forma “extraordinaria” dunha Xunta Local de Seguridade para facer fronte a este incremento das situacións conflitivas do barrio da Choupana. Pide así que se tomen medidas efectivas “para garantir a seguridade” e que se faga de maneira “coordinada” coa Subdelegación do Goberno, “implicando a Policía Local e Policía Nacional nunha resposta conxunta”.

“A situación estase a agravar e as veciñas e veciños precisan dunha resposta inmediata para sentir maior seguridade no seu propio barrio” insiste Muíños, que recoñece que foron moitas as persoas da zona que se teñen dirixido ao Grupo Municipal Socialista “para trasladarnos o seu malestar e, en moitos casos, medo de pasar polas rúas”. De feito, a veciñanza da zona leva varios días alertando do incremento do número de xiringas en lugares públicos do barrio, sobre todo nas proximidades do CHUS.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *