AD

Actualidad

Gonzalo Muíños: «Onde van aparcar as persoas usuarias do novo centro de Protonterapia»

today8 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • Este luns presentáronse as obras que suporán un novo recorte de prazas de aparcadoiro no complexo hospitalario do Clínico
  • O portavoz dos socialistas insta a Xunta e Concello a “acordar unha solución” toda vez que esta actuación “agrava máis aínda os problemas de mobilidade”

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2024. As obras do novo centro de Protonterapia que comezaron este luns suporán un novo recorte de prazas de aparcadoiro no complexo hospitalario do Clínico. Unha situación preocupante para o grupo socialista, máis cando non se albisca acordo entre Xunta e Concello para a construción dun aparcadoiro “dimensionado ás necesidades do complexo hospitalario”.

Gonzalo Muíños que se parabenizaba polo arranque destas obras, “é un día importantisimo para SanIago e Galicia xa que este centro contará cunhas instalacións pioneiras no tratamento avanzado contra o cancro”, tamén amosou a súa preocupación polo impacto que estas terán na mobilidade da zona. Muíños instou á Xunta a “asumir as súas competencias”, acometendo a construción dun parking na zona; e ao Concello a colaborar “expropiando os terreos necesarios, acometendo a urbanización exterior e mellorando os accesos”.

“O centro era o importante, o urxente agora é a mobilidade”

O portavoz dos socialistas recoñece que “o importante” era que se iniciasen as obras do que será o primeiro centro de España de estas características para o tratamento do cancro, “así o defendemos sempre axilizando os trámites”, lembra Muíños, facendo referencia á declaración de proxecto como de especial interese e utilidade municipal en marzo do pasado ano.

“Agora o urxente é acometer unha solución de mobilidade na contorna do CHUS” precisa Gonzalo Muíños, toda vez que as obras demoraranse 28 meses nos que “se agravarán máis aínda os problemas”. Advirte tamén o edil socialista que, con este novo equipamento, “o complexo hospitalario xa non será só de referencia para 46 concellos” senón que, “o será para todo o noroeste peninsular”. Pregúntase Muíños “onde aparcarán as persoas usuarias”.

Defende que se trata dun “equipamento supramunicipal” e que é competencia da Xunta financiar esta actuación, aínda con apoio do Concello, iso si, “tendo en conta que a poboación de Santiago supón só o 20% dos usuarios do Clínico”: “é o que está sobre a mesa, e ao que a Xunta parece seguir negándose” critica.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%