AD

Actualidad

Grande Amore desborda expectativas na convocatoria para gravar un videoclip en Arzúa

today5 marzo, 2025

Fondo
share close
AD

O líder de Grande Amore, Nuno Pico, participou este mércores en Radio Líder Santiago, xunto a Álvaro Veiga, para falar da gravación do videoclip de Voy pa Arzúa, incluido no seu último traballo discográfico III. O grupo, que segue gañando peso na escena musical galega, destaca polo seu estilo persoal e letras cargadas de identidade.

A cita da rodaxe será este venres ás 22.00 horas no mítico Bar Pedrito de Arzúa, onde se gravará o videoclip da canción. O chamamento á participación a través das redes sociais da banda foi un éxito rotundo: “O feedback está sendo moito maior do esperado, case temos que facer un chamamento á calma”, confesou Nuno entre risas.

A inspiración para Vou pa Arzúa xurdiu tras un concerto no mesmo local: “Sempre me gustaron as cancións que mencionan lugares. Tocamos en Arzúa o ano pasado e pensei: ‘Como molaría facer unha canción sobre isto’”. O tema acabou por consolidarse como unha das pezas máis queridas do novo disco.

O traballo inclúe colaboracións destacadas, entre elas a de Nacho Vegas. Segundo Nuno, foi unha sorpresa: “Nunca pensei que ía acabar facendo un disco no que colaborase Nacho Vegas. Pero a súa voz encaixaba á perfección nunha das cancións, comentáronlle a idea e prestouse sen problema”.

Sobre o futuro da banda, Nuno mantén unha filosofía aberta: “Non somos de poñer metas concretas, pero queremos seguir facendo música todo o tempo que a xente nos queira escoitar”. A nova xira xa ten varias datas pechadas e Grande Amore promete seguir marcando o ritmo da escena musical galega.

A entrevista completa, no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *