Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 marzo, 2025
Esta fin de semana estivo repleta de grandes éxitos para os deportistas locais do concello de Negreira con resultados espectaculares nas diferentes competicións:
Gonzalo Cuns Iglesias brillou no Campionato de España Sub20 Short Track en Salamanca, onde acadou a medalla de bronce na súa estrea de categoría con tan só 17 anos. Con unha marca de 14.96 metros, estableceu a súa mellor marca persoal (MMP) e demostrou unha vez máis o seu nivel como un dos mellores deportistas locais, logo de ser recoñecido como o mellor da súa categoría na XII Gala do Deporte.
Leandro Vidal Eiras subiu á primeira posición no XXII Campionato Xunta de Galicia de atletismo en pista cuberta en Ourense, onde se proclamou campión na proba de 500 ml Sub14 cun tempo de 1:15.82. Unha nova demostración do seu potencial en pista.
O resto dos integrantes do Club Atletismo Negreira tamén lograron destacados resultados na cita ourensana:
4º posto para Jorge Crespo Arias no Campionato de España de 10k M-45 en Bilbao, cun tempo de 32:23, moi preto da medalla de bronce. Nesta carreira de alto nivel, o gañador foi Reyes Estevez, un dos históricos do atletismo español, campión de Europa en 1500 m en 1998.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)